Un método minora o dano cerebral tras un ictus

neuronas

O novo procedemento baséase en reducir os niveis de glutamato no sangue mediante unha diálise peritoneal.

Información extraída de El Correo.

Un equipo de neurocientíficos con participación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) deseñou un método para minorar o dano cerebral tras un accidente cerebrovascular. O novo procedemento, publicado na revista Journal of Clinical Investigation, baséase en reducir o dano cerebral de forma significativa reducindo a concentración de glutamato, o axente neurotransmisor excitador usado polas neuronas para comunicarse co cerebro.

Os accidentes cerebrovasculares, como o ictus, atópanse entre as primeiras causas de morte e incapacidade en todo o mundo, pero aínda non existen medidas terapéuticas efectivas. O dano cerebral é ocasionado pola saída incontrolada ao exterior celular de glutamato, que en grandes cantidades resulta moi tóxico para as neuronas.

A proposta terapéutica, probada en animais, baséase na redución dos niveis de glutamato no sangue mediante unha diálise peritoneal, empregada, por exemplo, para tratar a insuficiencia renal. O resultado é unha baixada dos niveis deste axente tóxico no líquido intersticial do cerebro. Segundo os investigadores, a diálise peritoneal ten a vantaxe de que pode implementarse cando o paciente chega ao hospital.

Probas clínicas

“Aínda que agora son necesarias as pertinentes probas clínicas, a sinxeleza e efectividade desta estratexia terapéutica fai que o seu traslado á práctica clínica diaria poida chegar a ocorrer en pouco tempo”, afirma Juan Lerma, investigador do CSIC no Instituto de Neurociencias de Alacante, un centro mixto do CSIC e a Universidade Miguel Hernández.

“Reducindo os niveis de glutamato no sangue podemos chegar a drenalo das zonas cerebrais onde se elevou”, sinalan os directores do traballo José Sánchez Prieto, do Hospital Universitario da Princesa, e Ignacio Lizasoaín, da Universidade Complutense de Madrid.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s