Editado un manual para relacionarse con persoas con discapacidade

consellosInformación extraída da páxina web do CERMI.

A Axencia Navarra para a Autonomía das Persoas (ANAP) elaborou, coa colaboración do Comité de representantes de persoas con discapacidad de Navarra (CORMIN), un manual de boas prácticas que recolle unha serie de consellos para interactuar coas persoas con discapacidade.

O obxectivo desta iniciativa, segundo informou nunha nota o Goberno de Navarra, é ofrecer á cidadanía un conxunto de recomendacións que faciliten o acceso das persoas con discapacidade sensorial, motora, intelectual ou con enfermidade mental a determinadas contornas, bens ou servizos que deben de estar tamén á súa disposición. Deste xeito, a ANAP pretender garantir a participación destes cidadáns en igualdade de condicións que o resto.

Como consellos xerais, a ANAP pide que se preste unha especial atención á persoa e non á súa discapacidade; que se fale directamente con ela e non co seu acompañante; e que se trate aos adultos como adultos.

En concreto, respecto de as persoas con discapacidade intelectual ou con trastornos do desenvolvemento, a Axencia Navarra para a Autonomía das Persoas recomenda dirixirse a elas de acordo á súa idade cronolóxica, evitando infantilizar a linguaxe se non é un neno e mostrando respecto ante as súas opinións. Para iso, é conveniente empregar frases curtas, claras e sinxelas.

A ANAP tamén indicou que é aconsellable reducir nas conversacións a estimulación sensorial, as interrupcións e dar unha maior importancia á comunicación non verbal como xestos, sorrisos ou miradas.

Este manual de boas prácticas tamén recolle pautas específicas en canto ás persoas con discapacidade visual. Deste xeito, a ANAP recomenda falarlles mirando á cara e dirixirse directamente a elas e non ao seu acompañante. Así mesmo, entre outras recomendacións, pide substituír durante as conversacións termos como “aquí”, “alí”, “isto” ou “aquilo” por outros máis orientativos como “á túa esquerda” ou “detrás de ti”.

En canto ás persoas xordas ou hipoacúsicas, a ANAP recomenda facilitarlles axudas que complementen, aumenten ou supoñan unha alternativa á linguaxe verbal. Para iso, é conveniente evitar falarlles sen que nos miren, avisarlles cando queiramos conversar con elas e vocalizar ben, sen esaxerar nin elevar o volume de voz.

A ANAP tamén aconsella falar ás persoas con discapacidade auditiva de fronte, coa cara ben iluminada e de cerca, para facilitarlles a lectura dos beizos.

Discapacidade motora

Segundo a ANAP, as persoas con discapacidade motora presentan unha alteración na marcha e adoitan requirir axuda para o seu desprazamento, a súa capacidade manipulativa ou circunstancias propias da súa autocoidado.

Por este motivo, recomenda poñer as cousas ao seu alcance e colaborar nos seus desprazamentos en cadeira de rodas unha vez o solicitaron. Neste último caso, para subir un chanzo será necesario poñer de fronte a elas a cadeira, de maneira que se eleven primeiro as rodas dianteiras e logo as traseiras. Para baixar o chanzo é conveniente colocar a cadeira de costas, de maneira que baixen primeiro as rodas traseiras. No caso dunha rampa, a cadeira de rodas deberá estar de fronte a ela cando se vaia a subir, mentres que para baixar irá de costas á rampa.

En canto a situacións relacionadas coa manipulación de determinados obxectos ou pezas é aconsellable respectar a iniciativa e o ritmo das persoas con discapacidade, sen interferir.

Finalmente, en canto ás persoas con enfermidade mental a ANAP recomenda tratalas de igual a igual, de forma natural e con respecto e discreción. Neste sentido, tampouco é aconsejable dirixirse a elas de acordo á súa idade cronolóxica, evitando infantilizar a nosa linguaxe si non é un neno e mostrando respecto ante as súas opinións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s