A Defensora insta a aprobar a cualificación profesional de asistente persoal

A 'Defensora del Pueblo', Soledad Becerril.

A ‘Defensora del Pueblo’, Soledad Becerril.

Información extraída de Servimedia.

A ‘Defensora del Pueblo’, Soledad Becerril, instou ao Goberno a aprobar a cualificación profesional de asistente persoal, hoxe inexistente no catálogo nacional de cualificacións, e que leva acumulado un enorme atraso, malia que desde 2007 a asistencia persoal está recollida na Lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia como unha prestación deste sistema de protección social.

A raíz dunha queixa presentada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), a ‘Defensora del Pueblo’ investigou a situación do proceso para crear esta cualificación profesional, posto en marcha en 2008, e determinou que o mesmo foi bloqueado en 2010 polo Imserso, cando estaban moi adiantados os traballos preparatorios, por entender que que era moi escaso o número de potenciais profesionais.

Segundo informou o Cermi, á luz destes feitos, a ‘Defensora del Pueblo’ dirixiuse aos ministerios de Educación e Emprego, responsables das cualificacións profesionais, e ao de Servizos Sociais, encargado de impulsar e despregar a Lei 39/2006, para que no proceso de revisión das cualificacións profesionais relacionadas coa autonomía persoal e a atención á dependencia, retomen a regulación da asistencia persoal como cualificación propia e diferenciada.

O Cermi sinala que a creación desta cualificación é un dos elementos necesarios para que a prestación de asistencia persoal se estenda e se xeneralice entre as persoas con discapacidade, xa que é a máis apropiada para permitir unha vida independente e a inclusión na comunidade, dereito recoñecido no artigo 19 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s