Colaboramos con La Caixa para mellorar a capacidade comunicativa das persoas con DCA

De esquerda a dereita, José Balboa, presidente de FEGADACE, Alejandra Varela, Directora da oficina de La Caixa, e Enrique Castro, coordinador de FEGADACE.

De esquerda a dereita: Alejandra Varela, directora da oficina de La Caixa, José Balboa, presidente de FEGADACE, e Enrique Castro, coordinador da Federación.

Grazas a un convenio asinado esta mañá en Santiago de Compostela.

O presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), José Balboa, asinou esta mañá, xunto coa directora da oficina de La Caixa da Fonte de Santo Antonio (Santiago de Compostela), Alejandra Varela, o convenio de colaboración que rexe a posta en marcha do proxecto ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’.

O convenio asinado é o resultado do proxecto presentado por FEGADACE a unha das convocatorias para o financiamento de proxectos sociais feita pública pola Fundación La Caixa. O obxectivo xeral de ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’ é “mellorar a capacitación, comunicación e a promoción da autonomia persoal das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA)” mediante o uso das potencialidades dos dispositivos móbiles e das tablets.

Está previsto que participen neste proxecto piloto 25 persoas con dano cerebral de entre 19 e 45 anos usuarias das diferentes asociacións integradas en FEGADACE. Estudarase se o uso das novas tecnoloxías é quen de facilitar as capacidades comunicativas, e, polo tanto, incrementar a inserción social deste colectivo. As persoas participantes teñen todas dificultades de comunicación; reforzando esta capacidade a súa autonomía persoal medrará.

A dotación económica do proxecto vai servir para adquirir as tablets coas que van traballar as persoas con dano cerebral participantes en ‘Comunícate CONTICs, sen complexos’. Será necesaria tamén para a capacitación  dos axentes implicados no proceso: familias, profesionais das asoaciacións e voluntariado, ademais das persoas con DCA.

A simplificación e o mellor manexo do hardware é unha das claves que facilita o seu uso polas persoas con necesidades especiais. Estes soportes, xunto cos instrumentos de intervención logopédica e/ou educativa, axudan ao colectivo de persoas con dano cerebral a incrementar as súas capacidades comunicativas. O proxecto vai comezar a desenvolverse o mes que vén.

Alejandra Varela, Directora da oficina de La Caixa na que se asinou o convenio, e José Balboa, presidente de FEGADACE.

Alejandra Varela, Directora da oficina de La Caixa na que se asinou o convenio, e José Balboa, presidente de FEGADACE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s