CERMI reclama a desaparición dos internamentos forzosos

internamento

Información extraída da páxina web do CERMI.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) reclamou ao Ministerio de Xustiza a desaparición do noso ordenamento xurídico dos procedementos xudiciais de internamento forzoso por razón de trastorno psíquico, xa que non son compatibles co dereito humano fundamental á liberdade das persoas con discapacidade.

A posibilidade de internar sen o seu consentimento a unha persoa por razóns de “trastorno psíquico”, prevista na Lei de Axuizamento Civil, é contraria á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, asinada e ratificada por España, polo que debe ser desterrada do noso proceso civil.

Con arranxo ao tratado internacional da discapacidade, o factor de discapacidade, sexa esta intelectual, mental ou psicosocial, non pode ter relevancia a efectos de privar a unha persoa da súa liberdade, pois supón un trato menos favorable derivado de discapacidade, o que constitúe unha discriminación prohibida pola Convención.

En opinión do CERMI, o Lexislador ha de revisar con urxencia esta parte do noso axuizamento civil non só para adecualo ao marco normativo da Convención senón tamén para concilialo coa Constitución española, xa que o Tribunal Constitucional nunha sentenza recente declarou este procedemento “inconstitucional” por non estar regulado por unha lei con rango de orgánica, cando afecta ao dereito humano fundamental á liberdade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s