Convivir en Igualdade estrea connosco ‘Informe Convivir’

Convivir en Igualdade

O programa ‘Convivir en Igualdade’, da Radio Galega, estrea unha nova sección esta tempada e en FEGADACE tivemos a honra de ser protagonistas da súa primeira edición. Clara de Sáa, condutora do programa, é tamén a presentadora de ‘Informe Convivir’, unha sección na que ten previsto acompañar durante unha xornada a actividade diaria dunha entidade de discapacidade, integración social, benestar, etc.

A entidade seleccionada para o primeiro ‘Informe Convivir’ é a Federación Galega de Dano Cerebral, que comparte protagonismo con Sarela, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela. Clara de Sáa pasou un día connosco, acompañando ás persoas usuarias de Sarela nas diferentes actividades realizadas (nun restaurante, no ximnasio, no centro de día) e conversando connosco sobre o noso traballo cotián, tanto na asociación como na federación.

O programa emitiuse na mañá do domingo, día 15. Desde hoxe está disponíbel na páxina web do programa. Pódese oír desde o minuto 17’33” premendo nesta ligazón.

Tanto a Federación Galega de Dano Cerebral como Sarela agradecemos enormemente a Clara de Sáa e ao seu equipo que pensara en nós para o seu primeiro ‘Informe Convivir’.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s