Mañá conmemórase o Día Mundial do Alzheimer

alzheimer

Información extraída da páxina web de CEAFA.

O próximo 21 de setembro, a Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA), as Federacións e Asociacións membros, e as 200.000 familias ás que representamos, celebramos o Día Mundial do Alzheimer, evento instituido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado por Alzheimer’s Disease Internacional (ADI) en 1994.

Todos os actos que organizamos para a súa celebración teñen un dobre obxectivo; por unha banda, sensibilizar á sociedade española sobre esta “epidemia do século XXI”, así como as súas consecuencias sociosanitarias; e doutra banda, desenvolver unha campaña de educación sanitaria dirixida a promover a prevención desta patoloxía, que afecta a máis de 3,5 millóns de persoas en España, entre quen a padecen directamente e os seus familiares coidadores.

Lema promocional do Día Mundial do Alzheimer

No ámbito nacional, a Confederación decidiu promocionar este día tan importante co seguinte lema: ‘Alzheimer. Cuestión de Estado’.

O Alzheimer é un problema socio-sanitario de primeira magnitude con incidencia en todas as ordes da sociedade, cuxa evolución está estreitamente ligada á extensión da esperanza de vida da poboación. A dependencia que xera afecta non só á persoa que sofre directamente a enfermidade senón tamén á familia coidadora, ademais de importantes colectivos da sociedade que se ven ‘tocados’ polos efectos da enfermidade nos coidadores familiares. O Alzheimer é, pois, un problema de todos, e entre todos ha de afrontarse, transcendendo de fronteiras, ideoloxías ou outro tipo de condicionamiento.

Todos unidos na loita contra esta lacra do Século XXI, e unidos a todos os niveis posibles. Unha acción global e coordinada que integre a todos os actores vinculados é o único xeito de poder facer fronte a unha realidade que hoxe afecta en España a máis de 3,5 millóns de persoas, independentemente da súa condición e lugar de residencia. A abordaxe do Alzheimer é unha cuestión que, do mesmo xeito que noutros países, debe estar pilotada polo Estado co apoio e liderado de quen demandan solucións que satisfagan as súas necesidades, os pacientes e os seus familiares cuidadores. Só deste xeito se poderán articular medidas homoxéneas e coherentes co penoso marco de vida ao que se ven abocados millóns de persoas neste país.

Animamos ás Federacións e Asociacións membros de CEAFA a utilizar o mesmo lema, transmitindo así a mesma mensaxe a toda a sociedade, así como unha imaxe de unidade e forza ante esta enfermidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s