O CERMI rexeita a aplicación do copago a medicamentos hospitalarios

DOCU_GRUPO

Información extraída da páxina web do CERMI.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) rexeita frontalmente a decisión do ministerio de Sanidade de aplicar un novo copago aos medicamentos dispensados na contorna hospitalaria para pacientes non ingresados.

Este encarecemento no acceso á prestación farmacéutica do sistema nacional de saúde, tralos operados o ano pasado coa reforma sanitaria, mermará gravemente a atención e protección sanitarias de moitos pacientes que ata agora estaban exentos de achega, entre eles, persoas con enfermidades crónicas e con distintas discapacidades.

Establecer, como fai esta medida, novas barreiras de entrada por parte dos usuarios do sistema nacional de saúde á prestación farmacéutica resente a calidade asistencial a moitos pacientes que pola cronicidade das súas enfermidades e patoloxías deberían manter un estatus de atención preferente e nas mellores condicións para favorecer o mantemento ou a recuperación da saúde.

O CERMI reclama a Sanidade a reformulación desta medida que introduce un novo factor de inequidade no sistema nacional de saúde, adoptada ademais sen consultas nin diálogo coas organizacións de pacientes e usuarios, e a volta ao réxime anterior de exención para todos os medicamentos dispensados na contorna hospitalaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s