Tráfico sorprende a máis de 300 menores sen cinto de seguridade

cinto

Información extraída de Servimedia.

Un total de 318 menores de 12 anos foron interceptados cando viaxaban a semana pasada por España sen sistemas de retención, segundo informou o xoves a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), que ofreceu os datos obtidos na última campaña de vixilancia do uso do cinto de seguridade na poboación infantil.

Os resultados desta iniciativa indican que dos 318 nenos que se desprazaban en vehículos sen sistemas de retención, un total de 63 facíano no asento dianteiro, mentres que os 255 restantes ían nos sillones traseiros.

A DGT precisou que durante os sete días que durou a campaña, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil controlaron un total de 468.568 vehículos e neles detectaron 5.288 infraccións de condutores ou pasaxeiros que non facían uso do reglamentario sistema de retención (318 menores de 12 anos e 4.970 adultos ou maiores desta idade).

No grupo dos adultos, 3.153 eran condutores e 1.817 pasaxeiros, situados 1.106 nos asentos dianteiros e 711, nos sillóns traseiros.

Ante estes datos, a DGT sinalou que seguen sendo necesarias as campañas informativas e invitou aos pais a facer o esforzo de usar sistematicamente o cinto de seguridade para que os seus fillos, por simple imitación, o fagan tamén.

E é que, recordou Tráfico, o uso do cinto reduce á metade o risco de morte en caso de accidente, impide que o ocupante sexa expulsado do vehículo en caso de impacto e diminúe tamén a gravidade das feridas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s