Alento celebra a súa Xuntanza este sábado

Xuntanza Alento

A Asociación de Dano Cerebral de Vigo, Alento, celebra este sábado, día 28 de setembro, a súa ‘Xuntanza’. Esta xornada de convivencia ten unha periodicidade anual, carácter festivo, e, este ano, diferentes ubicacións dentro do vigués barrio de Navia.

O encontro comeza ás 13:00, e a cita é na residencia de Alento (Rúa da Pedra Seixa, s/n). A continuación visitarase o Parque D’Arte, en Navia, onde se celebra unha festa con múltiples actividades.

Para o xantar volverase ao centro de Alento. Cada persoa debe levar comida, bebida e postre, para un xantar compartido. Ao remate haberá un ‘Gran Concurso de Postres Tradicionais’ no que todo o mundo está chamado a participar.

Desde as 16:30, na sobremesa, haberá actuacións e actividades como bingo, xogos, concursos, mostra de artesanía… Ata a despedida, ás 20:00.

A Comisión de Festas de Alento chama a todas as persoas socias a asistir e a convidar a canta xente queira acudir.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s