“Eu non estou en situación de exclusión social. A min non me exclúe ninguén”

Foro EAPN

II Congreso Estatal de Participación de Persoas en Situación de Pobreza e Exclusión Social.

Información difundida por EAPN.

Máis de 180 persoas procedentes de toda España déronse cita en Valladolid para a celebración do II Congreso Estatal de Participación de Persoas en Situación de Pobreza e Exclusión Social do 19 ao 21 de setembro.

Baixo o lema: ‘Dereitos da Cidadanía, da información á participación’, o Congreso debateu en torno aos Dereitos Fundamentais recoñecidos a todos os cidadáns e cidadás da Unión Europea: Dignidade, Liberdade, Igualdade, Solidariedade, Cidadanía e Xustiza.

En mesas redondas, e a través do diálogo aberto e constructivo, diversas personalidades como Guillermo Fesser, José María Fidalgo e Rosa María Calaf, así como representantes do mundo académico, da xustiza, do Defensor del Pueblo e dos medios de comunicación, conversaron coas persoas participantes sobre a mellor forma de facer efectivos os seus dereitos, así como de facer oír as súas reivindicacións sociais e políticas. “Eu non estou en situación de exclusión social. A min non me exclúe ninguén”. Así se expresaba Yosehanna, participante no Congreso, durante un dos debates.

Entre as conclusións, destacouse a necesidade da información como un medio básico para a defensa dos dereitos e liberdades recoñecidos, así como contar coas suficientes garantías para evitar a súa vulneración e promocionar a participación das persoas máis vulnerables en todo o sistema de recoñecemento, garantía e defensa dos mesmos.

O II Congreso Estatal de Participación celebrouse no marco do Ano Europeo da Cidadanía 2013. O obxectivo xeral do Ano é alcanzar un maior coñecemento e concienciación sobre os dereitos e responsabilidades asociados á cidadanía na Unión Europea.

Enlaces de interese:
Páxina web do Congreso
Recopilación de tweets do Congreso
Galería fotográfica do Congreso

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s