Satisfacción en FEDACE co proxecto ‘TICs e Estimulación Cognitiva’

TICs e Estimulación Cognitiva

Información extraída da páxina web de FEDACE.

Tras un ano de implantación, o desenvolvemento do proxecto ‘TICs e Estimulación Cognitiva’ permitiu dotar a dez centros dun software (NeuronUp) cunha base de datos de 6.000 exercicios interactivos para o adestramento e a estimulación das principais capacidades cognitivas e funcións executivas afectadas polo DCA. É un sistema desenvolvido con asesoramento e base científica, de fácil aprendizaxe, que permite aos profesionais responsables da rehabilitación definir itinerarios de estimulación cognitiva adaptados a cada caso, á vez que xera de forma automática informes de resultados, que facilitan a planificación das actividades e permiten coñecer e rexistrar a evolución das persoas con dano cerebral que o empregan.

Tras este primeiro ano de traballo, converteuse nun proxecto de continuidade grazas á colaboración de Obra Social La Caixa, o Ministerio de Educación e o BBVA. O programa busca a mellora da autonomía persoal e a inclusión social das persoas con DCA empregando o apoio das novas tecnoloxías para acompañar o proceso de rehabilitación que realizan os profesionais nas asociacións.

Durante este período, 142 persoas con DCA de 10 asociacións federadas participaron no proxecto. Estas persoas foron valoradas a través da aplicación dunha batería de test consensuados polos equipos profesionais das asociacións e a coordinación de FEDACE. Trala valoración, cada profesional construíu itinerarios de intervención para os seus usuarios, en relación ás principais áreas a traballar coa plataforma. Así, ata 125 usuarios realizaron exercicios de atención, 115 traballaron funcións executivas, 84 velocidade de procesamento e 81 atención. Tamén se realizaron actividades sobre as funcións de orientación, visuoconstructivas, e de cálculo.

Os profesionais destacaron que a plataforma empregada permitiu re-adestrar varias funcións cognitivas, chegando a que a maioría dos usuarios adestrasen máis de 4 funcións nos seus exercicios. Os usuarios utilizaron a aplicación unha media de 4 horas á semana.

Funcións traballadas

Tanto as persoas con DCA como os profesionais valoraron trimestralmente o traballo realizado co apoio da ferramenta e os logros alcanzados. O 75% dos usuarios expresan maior motivación para adestrar as capacidades cognitivas empregando as novas tecnoloxías. O 10% atopou dificultades de accesibilidade e o 15% non respondeu ou non identificou ningunha diferenza.

Para os profesionais que participaron, o software brindoulles distintas vantaxes: seguimento estruturado de acordo ás necesidades de cada persoa con DCA, sistematización e nivelación de procesos, tarefas que se aproximan á funcionalidade e a aspectos sociais, flexibilidade dos procesos de traballo, reforzos inmediatos para os usuarios, posibilidade de ver a evolución do usuario ao momento… Todos os profesionais indicaron que o uso de novas tecnoloxías para traballar a estimulación cognitiva con persoas con DCA é altamente positiva para organizarse e aumentar o número de horas de exercicio destas funcións.

Nos próximos meses, a federación vai seguir buscando financiamento para manter o programa o activo e incorporar máis asociacións e medios técnicos ao mesmo. Os medios, principalmente, serán dispositivos portátiles para mellorar a accesibilidade dos exercicios para os usuarios e lograr así que o acceso a este programa sexa universal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s