Benestar dará axudas ás entidades de discapacidade segundo o seu peso

Xuntanza dos representantes do CERMI coa conselleira de Traballo e Benestar, Ana Mato, en decembro do ano pasado.

Xuntanza dos representantes do CERMI coa conselleira de Traballo e Benestar, Ana Mato, en decembro do ano pasado.

A Xunta distribuirá tres millóns en subvencións en función da porcentaxe que representa cada disfuncionalidade.

A física afecta ao 56%, pero as súas asociacións reciben o 28% de fondos.

Información extraída de La Opinión de A Coruña.

A Consellería de Benestar cambiará a fórmula de reparto de axudas ás asociacións que traballan con persoas con discapacidade e empezaraas a distribuír en función da porcentaxe que representa cada disfuncionalidade no colectivo. Ata agora as subvencións para o funcionamento destas entidades repartíanse sen un criterio claro máis aló da renovación dos convenios asinados fai anos por anteriores administracións, alegan fontes do departamento de Beatriz Mato

O Goberno galego está decidido a variar a fórmula con que tradicionalmente se repartiron as axudas públicas entre as asociacións de persoas con dispacidade e axustala á representatividade de cada unha, é dicir, dar fondos en función da poboación que representa cada unha delas dentro do colectivo. A Consellería de Traballo e Benestar propuxo ás 136 entidades asociadas no Cermi (Comité de entidades de representantes de persoas con discapacidade), que este ano se repartiron tres millóns de euros, adaptar progresivamente a distribución de fondos ao volume do colectivo que cada unha representa nun proceso que prevé concluír en 2016. O Cermi aceptou este cambio, pero agora ambas partes negocian calendario e fórmula de aplicación.

A modificación afecta ás axudas destinadas ao funcionamento das asociacións e non afecta ás prazas concertadas que financia o Executivo en centros de día ou residencias, sistema que non prevé modificar e que constitúe unha cantidade moi superior aos citados tres millóns. Só os concertos para casos de dispacidade intelectual -o 90% do total- alcanzan os 29 millóns anuais.

Ata agora as subvencións para o funcionamento destas entidades repartíanse sen un criterio claro máis aló da renovación dos convenios asinados fai anos por anteriores administracións, alegan fontes do departamento de Beatriz Mato.

Na actualidade existen diferenzas entre os fondos recibidos por algunhas asociacións e o colectivo de cidadáns que representan. Por exemplo, as 51 asociacións de discapacidade física -física orgánica representadas por Cogami ou de dano cerebral englobadas en Fegadace- representan ao 56% da poboación con algún tipo de discapacidade, pero tan só reciben o 28,1% deses 3 millóns de axudas públicas. No outro fiel da balanza atópanse as 76 entidades que representan ás persoas con discapacidade psíquica -como Down Galicia, Fademga ou Aspace, entre outras- que alcanzan o 8% de todo o colectivo galego con casos de discapacidades intelectuais, parálises cerebrais ou autismo, e o 22% no caso das enfermidades mentais. Malia iso, reciben o 31,2% e o 15,4% de fondos respectivamente, segundo datos da Consellería.

Benestar, que abriu a negociación en xuño, sentou esta mesma semana co colectivo para pactar a implantación dun novo sistema de forma “gradual e consensuada” e agora espera as súas propostas. Unha das que xa lle chegou é excluír das porcentaxes para definir a representatividade de cada entidade aos maiores de 65 anos. A intención do departamento de Beatriz Mato é pechar en días o novo sistema.

O calendario que propón Benestar pasa por un cambio gradual que se pecharía no ano 2016 coas entidades de persoas con discapacidade física recibindo o 56% de fondos -representan o 56% do colectivo-; as de psíquica, o 11% (tres puntos por encima da súa representatividade); as de persoas con enfermidade mental, o 22%; e as de quen teñen discapacidad auditiva o 11% (tres puntos por baixo do seu peso no colectivo).

Cadro sobre as subvencións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s