ADACECO e Renacer organizan actividades polo Día do Dano Cerebral

Representación da obra '7 escenas 7 pecados', con motivo do Día do Dano Cerebral do ano pasado.

Representación da obra ‘7 escenas 7 pecados’, con motivo do Día do Dano Cerebral do ano pasado.

As asociacións da Coruña –ADACECO– e de Ourense –Renacer– tamén organizan actividades para conmemorar o Día do Dano Cerebral. Ademáis de asistir ao II Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido, as asociacións promoven actos a nivel local nos que convivir, amosar o traballo das súas persoas usuarias, recaudar fondos, e visibilizar e informar sobre a nosa discapacidade.

Semana de actos na Coruña

ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, encheu toda a próxima semana de actos:

Martes, 22 de outubro. Conferencia sobre ‘Prevención do ictus’ que vai impartir a neuróloga Natividad Raña Martínez, e sobre ‘Tratamento e rehabilitación’, a cargo da doutora María Vázquez Guima, médico rehabilitador do Hospital de Oza. Inverveñen tamén Carmen Fernández Quiroga, presidenta de ADACECO, e unha persoa con dano cerebral adquirido usuaria da asociación. Será no Centro Sociocultural Fundación NovaCaixaGalicia (Cantón Grande 21-23 – A Coruña), ás 19:00 hh.

Mércores, 23 de outubro. Campaña de prevención do ictus. Posto informativo no Hospital de Oza, de 10:30 a 12:30.

Xoves, 24 de outubro. Gala Benéfica a favor das persoas con Dano Cerebral da Coruña. Proxección dunha curtametraxe, representación da obra ‘Dos botones para cuatro habitaciones’ por parte do grupo de teatro de ADACECO, e actuación musical do grupo Sur. O prezo da entrada é de 5 euros, que se destinarán integramente ás actividades de rehabilitación das persoas usuarias de ADACECO. A gala será no Centro Cívico dos Mallos desde as 18:30 hh.

Venres, 25 de outubro. VII Xornada Deportiva ADACECO e lectura do manifesto a favor das persoas con dano cerebral. A xornada vai contar cunha exhibición de deportes adaptados no que membros de ADACECO e doutras asociacións de persoas con discapacidade da Coruña e área metropolitana. Vaise desenvolver nos xardíns de Méndez Núñez (se chove, no Pazo dos Deportes de Riazor) de 10:00 a 13:00.

Sábado, 26 de outubro. Mesas informativas no Obelisco e nos centros comerciais Cuatro Caminos, Los Rosales e Marineda City. Estarán de 10:00 a 20:00 hh. Actuación da Banda Militar da Coruña, ás 12:00, e lectura do manifesto do día do dano cerebral pola presidenta de ADACECO, ás 13:00.

ADACECO - Cartel

Información e festa en Ourense

A asociación de dano cerebral de Ourense, Renacer, prepara tamén mesas informativas sobre a entidade e o dano cerebral. O xoves, día 24, van estar no Edificio de Ferro da Universidade de 10:00 a 19:00 hh. O venres 25 levarán a mesa informativa ao complexo hospitalario, de 10:00 a 15:00 hh.

O día 24 organizan a II Festa benéfica Renacer. Os 3 euros que custa a entrada destinaranse á asociación Renacer. A festa celébrase de 22:30 a 02:00 hh. na Discoteca Bull 2.0, en Ourense.

Renacer - Cartel

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s