Actividades polo Día do Dano Cerebral Adquirido

Acto de clausura do II Foro de Familias, actividade que centrou a conmemoración do Día do Dano Cerebral por parte das asociacións galegas.

Acto de clausura do II Foro de Familias, actividade que centrou a conmemoración do Día do Dano Cerebral por parte das asociacións galegas.

As asociacións de persoas e familias con dano cerebral organizan múltiples actividades mañá, 26 de outubro, polo Día do Dano Cerebral Adquirido.

ADACE Lugo ten previsto traballar a sensibilización sobre a nosa discapacidade a través de dúas mesas informativas. Estas estarán no Centro Comercial As Termas de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30, e no HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:30.

Na Coruña, a semana de actividades de ADACECO conclúe tamén con información e sensibilización, e coa actuación musical da Banda Militar da cidade. A actuación será ás doce no Obelisco e, cando remate, a presidenta da asociación, Carmen Fernández, lerá o manifesto de FEDACE polo Día do Dano Cerebral. As mesas informativas estarán de dez da mañá a oito da tarde no Obelisco e nos centros comerciais Marineda City, Los Rosales e Cuatro Caminos.

Alento, despois de tamén encher a semana de actividades, organiza para mañá unha xornada de portas abertas no seu centro, en Vigo. O obxectivo é amosar o traballo da asociación, e as novas instalacións de Navia, a calquera persoa interesada.

As actividades de Renacer conclúen coa mesas redonda que colocaron hoxe no complexo hospitalario.

E Sarela, a asociación de Compostela, está aproveitando o Día do Dano Cerebral para lanzar publicamente o seu grupo de mozos e mozas. Mañá poderedes ver na TVG, algo pasadas as doce do mediodía, unha entrevista coa súa vicepresidenta, Concha Otero, e cunha das persoas do grupo, Patricia Fernández. Será no programa A Revista Fin de Semana. Sintonizando Radio Voz, o domingo poderedes ampliar información sobre o proxecto nunha tertulia que membros de Sarela protagonizarán no programa  Con Voz de Domingo, con Eva Millán.

Todas as asociación asistiron o pasado sábado ao II Foro de Familias de FEGADACE (do que podedes ler aquí as conclusións) e subscriben o manifesto de FEDACE polo Día do Dano Cerebral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s