Hoxe é o Día Mundial do Ictus

IctusAlarmaLenda

Hoxe é o Día Mundial do Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido. O ictus é o causante do 78% dos casos de dano cerebral, provocando secuelas como trastornos motores, sensoriais, orgánicos, cognitivos, emocionais e conductuais.

As entidades membro da Federación Galega de Dano Cerebral traballan na rehabilitación integral e multidisciplinar das persoas que sufriron un ictus que lles provocou dano cerebral. Sen embargo, tanto as asociacións como FEGADACE insistimos en que o máis importante para rehabilitar o dano cerebral é evitalo.

Pódese evitar o dano cerebral causado por un ictus?

A prevención é fundamental para evitar os factores de risco cerebrovascular. Seguir unha dieta equilibrada, evitar o sedentarismo, frear o estrés, limitar o consumo de alcol e desterrar o tabaco axudan a manter o cerebro en forma. Hai máis consellos de prevención no noso blog Envellecer con Dano Cerebral Adquirido.

Se aínda así non conseguimos evitar que se produza o ictus, aínda estamos a tempo de minimizar as súas secuelas identificando os signos de alarma e actuando con rapidez. Se se presenta algún dos síntomas que aparecen na ilustración…

  • Debilidade ou perda de forza nun só lado do corpo (beizo, brazo, perna)
  • Perda ou dificultades na fala
  • Dor de cabeza moi aguda e repentina

… é fundamental chamar canto antes ao 112 (emerxencias) ou ao 061 (urxencias médicas). O tratamento hospitalario ten que se aplicar en menos de seis horas (mellor nas primeiras catro) para que sexa efectivo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s