FEDACE publica un Inventario de Recursos de atención ao dano cerebral

UsoInventarioRecursos

Información extraída da páxina web de FEDACE.

“E agora… que?” é a pregunta máis repetida polas familias das persoas con dano cerebral cando saben que van recibir a alta. En especial cando a falta de información, a escaseza de recursos de atención e as presións para precipitar a saída do hospital tan só provocan un desequilibrio na vida da familia, que non está preparada para asumir os coidados da persoa con dano cerebral no fogar.

Unha das principais tarefas do movemento asociativo do dano cerebral é informar e apoiar ás familias que se atopan desorientadas ante a proximidade da alta. Outra é reclamar unha serie de recursos de atención suficientes para a poboación con DCA, accesibles e que respondan ás necesidades de atención dunha discapacidade específica como é o Dano Cerebral Adquirido (DCA).

A información sobre os recursos de atención ao dano cerebral era, ata o momento, confusa, e estaba moi dispersa. Co obxectivo de facilitar o acceso a esta información, FEDACE publicou o Inventario de Recursos de atención ao dano cerebral. O inventario clasifica os recursos segundo os principios do modelo de atención ao dano cerebral e os requisitos definidos polo Comité Técnico de FEDACE. Estes requisitos mínimos para cada tipo de recurso están detallados na páxina de acceso ao inventario e teñen en conta os seguintes principios:

  • Continuidade e coordinación asistencial.
  • Atención a cargo de equipos con funcionamento interdisciplinar.
  • Programas de atención centrados na persoa.
  • Criterios de calidade claramente definidos e contrastables para os recursos.

O funcionamento do inventario é sinxelo, xa que xeolocaliza recursos que podemos filtrar segundo as súas características ou, directamente, realizar unha procura por palabras chave. Os recursos móstranse no mapa e nunha listaxe que tamén é posible imprimir.

En España viven 420.000 persoas con Dano Cerebral Adquirido ás que, segundo o recollido no inventario, tan só corresponden 133 recursos específicos de atención ao dano cerebral. O inventario convértese así nunha ferramenta pioneira na definición dos recursos nas distintas etapas de atención ao Dano Cerebral Adquirido, labor que se reclama tamén á Administración Pública.

A ferramenta está en continua revisión e sempre dispoñible para consulta, de forma gratuíta, na web de FEDACE. No entanto, recomendamos ás familias contactar co seu centro de referencia, ou coa traballadora da federación, para asegurar que acoden ao recurso adecuado e que reciban así apoio no proceso de acceso ao recurso. Tamén hai máis documentación adecuada para os primeiros momentos do dano cerebral, como a Guía de Familias de FEDACE e a guía Dano Cerebral: orientación para familiares, amigos e coidadores, ambas as dispoñibles en descarga na web de FEDACE.

Accede aquí ao Inventario de Recursos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s