Día Mundial en recordo das vítimas por accidentes de tráfico

Cartel que anuncia a mostra 'Peatón, non atraveses a túa vida'.

Cartel que anuncia a mostra ‘Peatón, non atraveses a túa vida’.

O domingo 17 de novembro conmemórase o Día Mundial en recordo das vítimas por accidentes de tráfico. Con este motivo, a asociación Stop Accidentes organiza varias concentracións e eventos ao longo de toda a xeografía española para recordar a todas as vítimas en accidentes de tráfico. Stop Accidentes Galicia, en colaboración co Concello da Coruña, organiza varios actos:

Domingo 17 de novembro de 2013
Hora: 12:30
Lugar: Praza de Pontevedra

Percorrido peonal con saída desde a Praza de Pontevedra ata a de María Pita. Marcha do Colectivo de ciclistas – Club Riazor, familiares de vítimas, ANCAS, asociacións de veciños, etc.

Entregarase aos nenos participantes un pano reflectante (ata esgotar existencias).

Hora: 13:00
Lugar: Praza de María Pita

  • Mesa informativa: mural conmemorativo.
  • Apertura do acto: Stop Accidentes.
  • Lectura da carta á súa nai dunha alumna de 11 anos do CEIP concepción Arenal.
  • Lectura do Manifesto de Stop Accidentes.
  • Intervencións – clausura.
  • Peza musical e solta de globos.

Ademais, ata o 22 de novembro pódese visitar na Estación de Autobuses da Coruña a exposición Peatón, non atraveses a túa vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s