A Xornada Somos Pacientes 2013 celébrase o 27 de novembro

Somos Pacientes
Aberto o prazo de inscrición.

Información extraída de Somos Pacientes.

O 27 de novembro celebrarase en Madrid a Xornada Somos Pacientes 2013, un punto de encontro coas organizacións de pacientes no que poder abordar os retos e as oportunidades que hai na actualidade e poden xurdir no curto e medio prazo para o colectivo de pacientes en España.

A inscripción na Xornada Somos Pacientes, que se desenvolverá no Centro de Innovación BBVA (Praza de Santa Bárbara, s/n), é gratuíta, pero é imprescindible o rexistro previo porque o aforo é limitado. Unha vez completado o aforo, pecharase o rexistro. Todos aquelas persoas interesadas na xornada que non poidan acudir ao evento, poderán seguir a retransmisión en streaming a través de Somos Pacientes.

Os interesados en acudir á Xornada poden rexistrarse (ata completar o aforo) enchendo este formulario.

O programa está dividido en tres partes:

1. Na primeira abrirase un coloquio moderado pola xornalista Isabel Gemio no que analizar o papel dos propios pacientes e dos familiares e coidadores para afrontar a enfermidade.

2. A segunda parte contará coa presenza de destacados representantes do movemento asociativo de pacientes, así como unha experta en redes sociais e ciberactivismo e o Defensor do Paciente de Estremadura, D. Pedro Pastor.

3. Finalmente, o encontro WAP (web, aplicacións e pacientes) poñerá en contacto, a través de catro mesas de traballo, aos pacientes con diferentes desenvolvedores de aplicacións tecnolóxicas para que os primeiros poñan sobre a mesa as necesidades que están xurdindo en diferentes ámbitos e os segundos poidan ofrecer solucións tecnolóxicas a esas necesidades. As catro mesas de traballo centraranse nos seguintes temas: adherencia ao tratamento, discapacidade e dependencia, xestión das asociacións e acceso a tratamentos.

Os interesados en participar deben indicar de que mesan de traballo queren formar parte.


Como quere significar o vídeo invitación realizado para esta Xornada, o evento e a propia plataforma de Somos Pacientes son para todas as persoas, tanto representantes de asociacións de pacientes como axentes sanitarios e sociedade en xeral, porque todos fomos, somos ou seremos pacientes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s