O CERMI leva SOS Discapacidade a todos os territorios o 1 de decembro

Final da primeira manifestación SOS Discapacidade, celebrada en Madrid o 2 de decembro de 2012.

Final da primeira manifestación SOS Discapacidade, celebrada en Madrid o 2 de decembro de 2012.

O CERMI Galicia anunciará en breve o acto que ten previso para o vindeiro 1 de novembro dentro da estratexia de contestación activa SOS Discapacidade.

Información extraída da páxina web do CERMI.

Os 19 CERMIS Autonómicos levarán en próximo día 1 de decembro a estratexia de contestación activa SOS Discapacidade a todos os territorios, para reclamar os dereitos, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade e as súas familias e en protesta contra os recortes sociais.

Deste xeito, as plataformas territoriais da discapacidade continuarán en decembro de 2013 a estratexia de contestación activa SOS Discapacidade, que tivo o seu inicio o 2 de decembro de 2012, encabezada polo CERMI Estatal e que se traduciu nunha marcha cívica que reuniu a máis de 90.000 persoas en Madrid.

A estratexia de contestación activa SOS Discapacidade, posta en práctica polo CERMI Estatal en 2012, consiste nunha campaña permanente de presión política para contrarrestar os retrocesos de dereitos, de inclusión e de benestar social das persoas con discapacidade e as súas familias, como consecuencia da crise e as decisións políticas de recortes económicos e sociais.

SOS Discapacidade ten pois a súa continuidade en 2013 nos territorios, culminando o día 1 de decembro, antevíspera do día internacional da discapacidade, en senllos actos cívicos en todas e cada unha das comunidades e cidades autónomas, como expresión da mobilización da discapacidade organizada polos seus dereitos, inclusión e benestar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s