Manifesto do CERMI polo Día contra a violencia de xénero

maternidade

25 de novembro de 2013

Manifesto do CERMI con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

En apoio ás nais con discapacidade

Recordando a conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sufrida por miles de mulleres no noso país, na Unión Europea e en todo o mundo, especialmente daquelas que non contan cos recursos necesarios para recoñecela e denunciala pola súa falta de acceso á xustiza, como lles sucede a non poucas mulleres con discapacidade;

Advertindo da existencia de formas agravadas de violencia contra a muller que persisten na nosa sociedade entre quen padecen unha situación gravemente desfavorable pola concorrencia de factores de exclusión social, como a discapacidade, a pobreza e o desemprego, sen que se tomen medidas respecto diso;

Tomando coñecemento da violencia sufrida por nais que se enfrontan soas a non poucas situacións de abandono familiar dos seus cónxuxes ante o nacemento de nenos ou nenas con discapacidade, ou cando elas ou os seus fillos e fillas a adquiren posteriormente, provocando unha discriminación estructural, ante a que a nai dificilmente poderá sobrepoñerse, se non conta cos apoios e axudas necesarias para iso;

Denunciando como máxima violencia a que sofren, día a día, moitas nais con discapacidade, ás que son ameazadas continuamente coa retirada dos seus fillos e fillas polas súas contornas próximas, ou ás que se lles nega o seu dereito de ser nais e coidar destes, en igualdade de condicións con outras nais, especialmente por sentenzas xudiciais ante situacións de separación ou divorcio, o que ocasiona un irreparable sufrimento vital para elas, pero tamén para os seus fillos e fillas;

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade

Exixe

1. Adoptar as medidas de apoio necesarias para garantir o pleno exercicio da maternidade polas mulleres con discapacidade, en concordancia coa Convención sobre a Eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (CEDAW) e a Convención sobre os Dereitos das persoas con Discapacidade (CRPD), tratados de Nacións Unidas ratificados por España en 1984 e en 2007 respectivamente e, xa que logo, de obrigado cumprimento no noso país.

2. A revisión e conseguinte modificación da lexislación discriminatoria vixente cara ás mulleres con discapacidade no que respecta á súa maternidade, incluídas as medidas de carácter lexislativo, administrativo, social e educativo; sobre todo, no caso dos dereitos á custodia de fillos e fillas en caso de separación ou divorcio, adopción, acolleita familiar e doutras formas de paternidade e maternidade sociais.

3. A formación urxente de xuíces e de fiscais en relación cos principios e mandatos da Convención sobre os Dereitos Humanos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas con perspectiva de xénero; en particular, no relativo ao dereito á maternidade das mulleres con discapacidade e, polo tanto, á responsabilidade de criar aos seus fillos e fillas respecto da tutela, curatela, custodia e adopción, ou institucións análogas, sen que a discapacidade sirva como pretexto para a retirada destas responsabilidades.

4. Asegurar que o acceso á xustiza sexa efectivo e accesible para todas as nais con discapacidade e durante todas as fases do proceso xudicial. Así mesmo, debe ser accesible para elas toda a información e todos os procesos de comunicación relativos aos dereitos legais, a asistencia xurídica e os procedementos xudiciais, proporcionándoselles servizos de interpretación en lingua de signos ou servizos de apoio á comunicación, ademais de toda a documentación requirida en formatos de lectura fácil e noutros formatos alternativos, incluído o braille.

5. Que se garanta un nivel adecuado de protección social para non só as nais con discapacidade, senón tamén para as nais de persoas con discapacidade, ante a violencia que poidan sufrir polo abandono dos seus cónxuxes e a imposibilidade de desenvolver unha actividade laboral pola dedicación ao coidado dos seus fillos e fillas.

6. O impulso de medidas de acción positiva para fomentar a contratación e a retención de emprego das nais con discapacidade e as nais de persoas con discapacidade, buscando a conciliación entre a vida laboral e a vida persoal mediante medidas efectivas que teñan en conta as circunstancias específicas, incluídas os custos extraordinarios da discapacidade no coidado de fillos e fillas.

7. Tomar en consideración todas as circunstancias expostas anteriormente na tramitación do Anteproxecto de Lei sobre o exercicio da corresponsabilidade parental en caso de nulidade, separación e divorcio.

Unámonos para poñer fin á violencia contra a muller, dunha vez por todas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s