‘O experto responde’ a preguntas sobre o ictus

ictus

O vindeiro luns, día 2 de decembro, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un novo foro ‘O experto responde’ dedicado ás dúbidas sobre o ictus. Entre as seis e as oito da tarde, calquera poderá remitir as súas preguntas a través da web da Escola, no apartado Foro: ‘O experto responde’.

O obxetivo deste foro é achegar á cidadanía a información necesaria sobre o accidente cerebrovascular e o dano cerebral adquirido, ao tempo que se intentarán aclarar dúbidas sobre secuelas, rehabilitación, etc. Así, o foro conta con dúas persoas especialistas en cada unha das vertentes da información: por unha banda, o neurólogo Miguel Blanco González, xefe da Unidade de Ictus do CHUS, en Santiago, e, pola outra, a terapeuta ocupacional Ana Ruiz Sancho, que exerce na Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

A ligazón á que se poderán remitir as cuestións é a seguinte: Foro ‘O experto responde’: ictus. Ás seis da tarde do día 2 habilitarase o apartado “envíe agora as súas preguntas”. Permanecerá aberto ata as 20:00 hh.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s