A discapacidade volve lanzar un SOS no seu día internacional

Imaxe da manifestación SOS Discapacidade, que percorreu as rúas de Madrid o 2 de decembro do ano pasado.

Imaxe da manifestación SOS Discapacidade, que percorreu as rúas de Madrid o 2 de decembro do ano pasado.

As persoas con discapacidade organizadas en torno ao CERMI (Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade) volven lanzar un SOS á sociedade con motivo do seu día internacional. A estratexia de contestación activa ‘SOS Discapacidade’ volve ter protagonismo este ano, e, desta vez, de maneira descentralizada.

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o CERMI Galicia organiza mañá, 3 de decembro, un acto en Santiago de Compostela. Será ás 11:00 na sede da Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar, 19). O acto vai consistir na lectura do manifesto do CERMI Galicia ‘SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo 2013’, e vai ser clausurado pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Está prevista a participación dun membro de FEGADACE na lectura do manifesto, que será compartida por persoas usuarias das diferentes entidades participantes no acto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s