O CERMI Galicia presenta a súa defensa dos dereitos, a inclusión e o benestar

Foto de familia dos representantes institucionais, das entidades do CERMI e das persoas que protagonizaron a lectura do manifesto.

Foto de familia dos representantes institucionais, das entidades do CERMI e das persoas que protagonizaron a lectura do manifesto.

  • No acto, celebrado na Fundación NovaCaixaGalicia en Santiago de Compostela, congregáronse persoas con discapacidade e as súas familias, voluntarios, profesionais do sector e simpatizantes.
  • No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), o CERMI Galicia leu un Manifesto no que se recollen as demandas do sector da discapacidade.
  • O CERMI Galicia uniuse así ao resto dos CERMIS Autonómicos e CERMI Estatal para dar continuidade este ano á estratexia de contestación activa SOS Discapacidade, comezada en 2012, que se manterá mentres perdure o máis agudo desta crise, en defensa da inclusión, os dereitos e a cidadanía.

(Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013).- O Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) presentou hoxe na Fundación NovaCaixaGalicia (Santiago de Compostela) as demandas do sector na defensa dos dereitos, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade e as súas familias.

Baixo o lema “SOS Discapacidade-Dereitos, Inclusión e Benestar a salvo”, ao acto asistiron persoas con discapacidade xunto coas súas familias, voluntarios, profesionais do sector e simpatizantes, en protesta dos recortes sociais que, no marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, reuníronse para “defender os dereitos e garantías para as persoas con discapacidade e as súas familias que tanto tempo custou alcanzar e agora ven ameazados”.

O CERMI Galicia uniuse así ao resto dos CERMIS Autonómicos e CERMI Estatal para dar continuidade este ano á estratexia de contestación activa SOS Discapacidade, comezada en 2012, a cal se manterá mentres perdure o máis agudo desta crise, en defensa da inclusión, os dereitos e a cidadanía.

O Manifesto, que foi lido por persoas con discapacidade, foi elaborado polo CERMI Galicia, e recolle as inquietudes e reivindicacións do sector da discapacidade. No mesmo reclámase que o actual cambio de modelo de prestación de servizos que está a realizar a Administración Galega, coa implantación da carteira de servizos,  “non supoña o desmantelamento dos sistemas de apoio que actualmente temos e que tanto esforzo supuxo conseguir para o movemento asociativo da Discapacidade e as súas familias”.

Natalia Gestoso, usuaria de Sarela encargada de ler o manifesto en representación das persoas con dano cerebral adquirido.

Natalia Gestoso, usuaria de Sarela encargada de ler o manifesto en representación das persoas con dano cerebral adquirido.

Por iso, no documento pídense “non máis cambios para nós, sen nós; non máis recortes; e non a máis copagos sobre as xa raquíticas pensións”.

O Manifesto tamén fala do acceso ao emprego das persoas con discapacidade en Galicia. “Por todos está recoñecido que o emprego é un dos principais instrumentos para a inclusión social e participación cidadá das persoas con discapacidade, igual que para o resto da sociedade”, sinala.

Neste sentido pídese “o máis amplo compromiso para que nestes tempos as persoas con discapacidade non desaparezamos completamente do mundo laboral, en dirección á exclusión e á marxinalidade”. “Queremos alzar a voz a favor das persoas con discapacidade e reivindicar a nosa valía, así como declarar unha vez máis nosa loita manifesta contra o estigma que sofre este colectivo” indica o Manifesto.

Tamén se demanda e esixe “unha educación inclusiva plena” de acordo coa Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, á que se adheriu o Estado español, e rexeita “de pleno” a nova normativa da LOMCE, “contraria aos devanditos dereitos”.

“Reclamamos a necesidade dunha inclusión e participación na sociedade que abarque todos os campos da vida, desde a educación até o emprego, pasando pola vida social. Só así, co apoio de toda a sociedade, lograremos a verdadeira inclusión”, reclaman o CERMI Galicia.

Á súa vez, a proclama advirte da existencia de “formas agravadas de violencia contra a muller con discapacidade”, que persisten na sociedade entre os que padecen unha situación máis vulnerable pola concorrencia de factores de exclusión social, como a discapacidade, a pobreza e o desemprego, ademais do feito de ser muller, “sen que se tomen medidas ao respecto”.

A través do Manifesto pídese “o apoio incondicional dos nosos gobernantes ás políticas integradoras para manter, senón incrementar, os nosos logros e seguir coa loita pola inclusión social na nosa comunidade e deixar atrás a exclusión social á que estabamos abocados”.

Consulta aquí o Manifesto completo: Manifesto SOS Discapacidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s