Mercados solidarios de Nadal en Vigo e Compostela

O mercado 'De boa man', onte en Vigo.

O mercado ‘De boa man’, onte en Vigo.

Alento, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, participa desde onte no mercado ‘De boa man’ en Vigo, acompañada doutras entidades como Asem, Doa, Apamp, Aspanaex, San Rafael, Fundación Menela, Aspavi, Famfip-Cogami e Rehabilitación-Rebullón.

O mercado está situado na céntrica rúa do Príncipe e permanecerá aberto na tarde de hoxe e durante toda a xornada de mañá.

Alento expón neste mercado os produtos elaborados polas súas persoas usuarias e material divulgativo sobre o dano cerebral.

Sarela en Área Central

Pola súa banda, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela ten previsto dar continuidade ás súas Xornadas de Sensibilización na comunidade, que van pola edición número 15.

Desta vez, a xornada vaise desenvolver no centro comercial Área Central, durante a mañá do venres, 20 de decembro. Entre as dez da mañá e as dúas da tarde persoal técnico, familiares e persoas usuarias de Sarela atenderán a calquera persoa interesada en coñecer mellor a asociación e o dano cerebral, e expoñerán e venderán as manualidades elaboradas nos obradoiros ocupacionais.

Unha mostra dos broches e pinzas que vai vender Sarela.

Unha mostra dos broches e pinzas que vai vender Sarela.

Advertisements

One response to “Mercados solidarios de Nadal en Vigo e Compostela

  1. Pingback: ADACE-Lugo participa na Feira Diversiarte 2013 | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s