ADACE-Lugo participa na Feira Diversiarte 2013

Mostra dos broches elaborados en ADACE.

Mostra dos broches elaborados en ADACE.

Adace-Lugo tamén vai ter un oco nos mercadiños solidarios de Nadal. A Asociación de Dano Cerebral de Lugo participa na Feira Diversiarte 2013, onde vai expoñer e vender o material elaborado na entidade ao longo do ano. ADACE anima a facer unha compra solidaria de presentes de Nadal, empregando o lema “Agasalla ilusión!”.

Diversiarte poderase visitar  na parte traseira do Concello de Lugo os vindeiros 18, 19 e 20 de decembro. A feira estará aberta de once da mañá a oito e media da tarde.

Os mercadiños solidarios reprodúcense nestas datas. Esta tarde remata a feira ‘De boa man’, na que participa Alento en Vigo; o venres día 20 Sarela organiza a súa XV Xornada de Sensibilización na Comunidade; e Renacer traballou no seu a semana pasada en Ourense.

Material elaborado en ADACE.

Lapis con bonecas creados en ADACE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s