Así se axuda ás vítimas de accidentes na DGT

Jesús Mª Seco, un dos protagonistas da reportaxe da DGT.

Jesús Mª Seco, un dos protagonistas da reportaxe da DGT.

Tres vítimas contan a súa experiencia.

Máis de 500 persoas utilizaron xa as Unidades de Vítimas da DGT.

Reportaxe extraída da Revista Tráfico y Seguridad Vial, da DGT.

Tres vítimas de accidentes de tráfico cóntannos a súa experiencia coas Unidades de axuda, as UVAT, habilitadas pola Dirección Xeral de Tráfico en todas as Xefaturas Provinciais. E as persoas que traballan nelas explican o seu labor, que consiste en informar, orientar e protexer os dereitos das vítimas. Tras un accidente de tráfico, habitualmente as vítimas e os seus familiares vense na necesidade de recorrer a organismos diferentes, facer trámites de todo tipo, con todo tipo de interlocutores: de carácter legal, sanitario, laboral… Precisamante, para asesoralas ante esta difícil situación, a DGT creou as Unidades de Vítimas que atenderon xa a máis de 500 persoas.

Habitualmente, cando unha vítima recorre a unha UVAT, iníciase un expediente no que, o primeiro que se fai é solicitar toda a información posible. E en función das súas necesidades, lévanse a cabo diferentes actuacións que van desde a información dos seus dereitos e dos recursos existentes, ata a mediación cos diferentes servizos e organismos. Dependendo da complexidade do caso, un expediente pode permanecer aberto semanas, meses e ata anos. Ata que a necesidade da vítima desaparece. Os tres casos expostos nesta reportaxe ilustran o funcionamento das UVAT.

Premendo nesta ligazón pódese acceder á reportaxe completa: Así se ayuda a las víctimas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s