O Mercado Solidario comezou a súa campaña de Nadal en Vigo

Mercado Solidario

As asociacións integrantes do Mercado Solidario, Aceesca, Alento, Avelaíña, Cogami, San Xerome e Juan María, organizan a campaña navideña nun local cedido polo Centro Comercial Plaza Elíptica entre os días 17 de decembro ao 5 de xaneiro.

Nel realizarase a exposición e venda de produtos elaborados artesanalmente polos usuarios das seis asociacións, con deseños propios, orixinais e de gran calidade, asequibles para todos os petos. Son pezas de cerámica, bisutería, madeira, coiro, produtos textís, cinseiros e chaveiros, entre outros.

Grazas á pequena achega de cada venda, ademais de dar saída aos produtos elaborados nos obradoiros, facilítase o funcionamento e continuidade destes Centros, logrando con iso a satisfacción persoal de cada usuario, ao ver recoñecido o seu traballo e ao apreciarse positivamente o esforzo desta persoa por superar a súa discapacidade, axudando a lograr a súa inclusión social e laboral.

O Mercado Solidario sitúase nun local da planta baixa do Centro Comercial Plaza Elíptica. Comezou o 17 de decembro e poderase visitar ata o 5 de xaneiro. Neste sentido os representantes das Asociacións agradecen o apoio recibido, ao ceder de forma desinteresada o local comercial para situar nel o Mercado Solidario.

En decembro realizaranse distintos obradoiros para os máis pequenos de cinco a sete da tarde:

  • Día 23: Obradoiro de pintura de broches
  • Días 28 e 29: Obradoiro de pulseiras de coiro

O horario de atención ao público será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas, exceptuando os días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, que pechará ás 19:00 horas.

Deixar un comentario