40 persoas inscritas no Torneo de Pádel Solidario con FEGADACE

Cartel Padel Solidario

As xornadas de mañá e pasado (21 e 22 de decembro) as persoas amantes do pádel teñen unha cita solidaria nas instalacións do A1 Sport Wellness, na Coruña, para xogar o I Torneo de Pádel Solidario con FEGADACE organizado por Aventi. Hai 40 persoas inscritas para o Torneo, que comeza o sábado ás 15:30 horas.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), constituída polas cinco asociacións existentes en Galicia (Adaceco na Coruña, Adace-Lugo en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago), persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares.

Ademais, coa realización deste Torneo preténdese sensibilizar á sociedade en xeral con respecto ao alcance e á dimensión da problemática desta discapacidade.

Numerosas parellas participarán neste Torneo no que poderán inscribirse todas as persoas que o desexen en dúas categorías: iniciación e amateur, gozando as parellas gañadoras de trofeos e premios, así como dun welcome pack para todos os participantes. Celebrarase tamén un Sorteo Especial de Nadal entre todas as persoas asistentes.

A recadación obtida será entregada á institución defensora dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido, que leva realizando durante anos un gran labor, mediante o desenvolvemento de programas asistenciais e a través do fomento de recursos e servizos que cubran as necesidades das persoas con esta discapacidade desde a fase inicial ata a súa plena integración.

Numerosas empresas sumáronse a esta acción solidaria como entidades colaboradoras: Decathlon, Vegalsa, Cabreiroa, Dxt Campión, Gadis, Meliá María Pita, Tryp Coruña, Sandra Sanjurjo Interiorista, Mamá Dolores, O faiado dos trasnos, Fimsbury, Descalza por el parque e A1 Sport Wellness.

Unhas xornadas especiais nas que o deporte se converte, unha vez máis, en solidariedade. Durante os dous días de Torneo, FEGADACE terá colocado un posto informativo no A1 Sport Wellness para divulgar o seu traballo e concienciar sobre a prevención e características do dano cerebral adquirido.

Para máis información só hai enviar un e-mail a administracion@aventi.es ou chamar ao teléfono de contacto: 881 120 509 da empresa de xestión de actividades deportivas.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s