“Aí ten vostede a porta”

Interviú

Empezamos o ano novo desde cero, como as persoas con dano cerebral adquirido comezan desde cero as súas vidas. Esta reportaxe elaborada por Nieves Salinas e publicada en decembro en Interviú recolle, precisamente, as dificultades polas que pasan as familias nas que irrompe o DCA unha vez reciben a alta hospitalaria: déficit de atención, ausencia de recursos para a rehabilitación, problemas económicos…

O texto explica a desorientación na que se sumen as familias e como as asociacións de dano cerebral traballan para ofrecer apoio e axuda para convivir con esta discapacidade. Recolle o testemuño dunha viguesa no hospital do Meixoeiro e as declaracións do colaborador de FEGADACE Miguel Anxo García, psicólogo clínico no CHUS.

“Aí ten vostede a porta”

As asociacións denuncian que os pacientes con dano cerebral son dados de alta antes de tempo sen apenas rehabilitación.

En España hai 420.000 persoas con dano cerebral adquirido. Asociacións de pacientes denuncian que, unha vez estabilizados os enfermos, os hospitais aceleran a súa alta, sen apenas rehabilitación. Fóra, o panorama é desolador: case non hai recursos públicos e son poucas as prazas concertadas para persoas que, en ocasións, quedan con graves discapacidades. A única solución, para as familias que poden, é pagar unha praza privada -uns 7.000 euros ao mes- nun centro de neurorrehabilitación.

O primeiro que chama a atención ao cruzar as portas do Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (Ceadac), situado en Madrid e dependente do Imserso, é a mocidade de quen percorren os seus corredores. Normal, porque máis do 70 por cento dos traumatismos cranioencefálicos -xunto cos ictus, unha das principais causas do dano cerebral adquirido- teñen a súa orixe en accidentes de tráfico, cunha especial incidencia nos máis novos. A idade media dos pacientes do Ceadac é de 32 anos.

A reportaxe continúa na edición en papel da revista:

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s