Renacer estrea biblioteca de lectura fácil

Biblioteca Renacer

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, conta desde decembro cunha biblioteca de lectura fácil. Ata o momento dispoñen de 19 títulos seleccionados entre os clásicos da literatura e editados pola Asociación Lectura Fácil. Esta entidade elabora libros e outros documentos seguindo directrices para facilitar a súa lectura e accesibilidade.

Os títulos cos que contan ata o momento son: Drácula, Dr Jekyll y Mr Hyde, El escarabajo de Oro, El fantasma de Canterville, Frankenstein, La Gitanilla, El Hombre Invisible, Huckeberry Finn, El misterio del Cuarto amarillo, El perro de los Baskerville, El agua del Rif, Ana Frank. Su Vida, Bajo el mismo cielo, De Chamartín a Collbató, La música del Viento, Ola de calor, Aventuras en el hielo, Mitos y Leyendas de la Grecia Antigua, e Trampa de fuego.

Renacer tamén fai un chamamento a persoas que poidan acudir como voluntarias á asociación para ler en alto a persoas con afasia, que non poden ler, pero si comprender, ou persoas con déficits sensoriais ou visuais. Quen saiba ler ben en alto, darlle unha boa entonación aos textos, e teña vontade de colaborar con Renacer, pode poñerse en contacto coa asociación no 988 225 056 ou escribindo a renacerourense@hotmail.com.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s