O CERMI reunirá os máis graves 100 atentados contra a accesibilidade

accesibilidade

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) iniciou unha campaña para identificar os 100 atentados máis graves contra a accesibilidade universal que se producen en España para confeccionar un catálogo de situacións discriminatorias cara ás persoas con discapacidade que será obxecto dunha denuncia global.

Baixo o título “100 denuncias 100”, desde o 1 ao 31 de xaneiro de 2014 pasarase un cuestionario e unha ficha de recolleita de datos a todo o tecido asociativo da discapacidade do país solicitando que se  indiquen as situacións de ausencia de accesibilidade máis lesivas para os dereitos das persoas con discapacidade, en todo tipo de contornas, procesos, produtos, bens e servizos.

A partir da información obtida, e de acordo cun cadro de indicadores preestablecido que mide os impactos máis negativos, elaborarase unha lista negra de violacións por motivos de accesibilidade, que ofrecerá unha idea do moito que queda facer en España nesta materia, esencial para o exercicio regular dos dereitos humanos máis básicos das persoas con discapacidade.

Con esta clasificación do peor do peor en cuestións de accesibilidade, formularase polo CERMI unha denuncia global ante a Fiscalía Xeral do Estado, a Defensora del Pueblo, o Consello Nacional da Discapacidade e a Comisión de Peticións do Congreso dos Deputados, suscitando a actuacións políticas e xurídicas para corrixir as situacións identificadas.

Ademais da subsanación destas 100 graves violacións, con esta campaña o CERMI persegue o incremento da toma de conciencia por parte da sociedade  sobre a necesidade de respectar os dereitos das persoas con discapacidade a través da garantía de contornas accesibles.

Accede aquí ao Formulario de Denuncia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s