O ictus afecta cada vez máis a persoas novas

cerebro

Aumenta un 25% en persoas de 20 a 65 anos en dúas décadas.

A súa incidencia podería duplicarse para 2030.

Máis de 83.000 persoas de 20 anos -e máis novas- no mundo vense afectadas polo accidente cerebrovascular cada ano.

Información extraída de Europa Press.

O derrame cerebral, unha condición tradicionalmente asociada coa idade avanzada, afecta cada vez máis a mozos e mozas e a persoas de mediana idade, segundo as principais conclusións do Estudo sobre a Carga Global e Rexional do Ictus 1990-2010, publicado en ‘The Lancet’. Ademais, prevese que o importe global da discapacidade e a enfermidade e a morte prematura causada por un accidente cerebrovascular se duplique en todo o mundo para 2030.

A nivel mundial produciuse un aumento alarmante do 25 por cento no número de casos de ictus entre as persoas de 20 a 64 anos nos últimos 20 anos, representando neste grupo o 31 por cento do número total de accidentes cerebrovasculares, en comparación co 25 por cento de antes de 1990, segundo conclúe esta primeira análise integral e comparable da carga rexional e por países do ictus entre 1990 e 2010.

Por primeira vez, os científicos tamén foron capaces de estudar a incidencia do accidente cerebrovascular nos nenos e os mozos e viron que máis de 83.000 persoas de 20 anos e máis novas vense afectadas polo accidente cerebrovascular no mundo cada ano. Sorprendentemente, o 0,5 por cento de todos os accidentes cerebrovasculares ocorren neste grupo de idade.

Un segundo estudo publicado en ‘The Lancet Global Health’ mostra que en 2010, as tres quintas partes (61,5 por cento) da discapacidade e máis da metade (51,7 por cento) das vidas perdidas a un accidente cerebrovascular foron o resultado de accidentes cerebrovasculares hemorráxicos (a forma máis mortal, sobre todo causada pola presión arterial alta e os estilos de vida pouco saudables), malia ser tan común como os accidentes cerebrovasculares isquémicos.

Os máis afectados son os menores de 75 anos e os que viven en países de baixos e medianos ingresos (PBMI), onde a incidencia de ictus hemorráxico aumentou en torno ao 19 por cento. Os autores advirten que o cambio na carga do derrame cerebral cara ás poboacións máis novas é probable que continúe a nivel mundial a menos que se implementen con urxencia estratexias preventivas eficaces.

Dirixido polo profesor Valery Feigin, director do Instituto Nacional do Ictus e Neurociencias Aplicadas da Universidade de AUT en Nova Zelanda, un equipo internacional de investigadores realizou unha procura exhaustiva dos datos dispoñibles para estimar a incidencia, a prevalencia e a mortalidade prematura e a discapacidade causada polo infarto cerebral (e os dous subtipos principais isquémico e hemorráxico) en 21 rexións do mundo para 1990, 2005 e 2010.

Mentres que a idade media das persoas con ictus aumentou ligeramente, a maior parte da carga de accidente cerebrovascular (enfermidade global e morte) pasou de persoas maiores de 75 anos a individuos de 74 anos e máis novos. Este grupo representa o 62 por cento dos novos infaros cerebrais; o 45 por cento das mortes e o 72 por cento da enfermidade e a discapacidad. Estas cifras son significativamente maiores nos PBMI e van en aumento.

Aínda que a taxa (estandarizada por idade por 100.000 habitantes) das persoas que morren por accidente cerebrovascular diminuíu en todo o mundo durante os últimos 20 anos, o número real de mortes relacionadas con accidentes cerebrovasculares foi de 5,9 millóns (26 por cento de aumento).

17 millóns de persoas sofren o seu primeiro ictus en 2010

O número de persoas que tiveron un primeiro accidente cerebrovascular subiu significativamente a 16,9 millóns en 2010 (un 68 por cento máis), os sobreviventes de accidentes cerebrovasculares foron 33 millóns (84 po cento máis) e a discapacidade e a enfermidade asociada afectou a 102,2 millóns (un 12 por cento). Se as tendencias actuais continúan, as mortes por accidente cerebrovascular, os superviventes e a incapacidade e enfermidade serán máis do dobre en 2030 (é dicir, a 12 millóns, 70 millóns e 200 millóns de persoas, respectivamente) .

Nos países de altos ingresos (HIC, nas súas siglas en inglés), a redución da incidencia estandarizada por idade dun derrame cerebral (disminución do 12 por cento), a mortalidade prematura (37 por cento) e as enfermidades e as taxas de discapacidade (36 por cento) nas dúas últimas décadas probablemente reflicten unha mellor educación, prevención e atención (por exemplo, deixar de fumar, controlar a presión arterial, creación de unidades de ictus agudos) e diagnóstico.

Pola contra, nos PBMI leva máis vidas (42 por cento máis de mortalidade) e asóciase con maior discapacidade e a enfermidade (46 por cento máis) que nos HIC en parte debido a un aumento na prevalencia dos factores de risco relacionados, como unha dieta pouco saudable, presión arterial alta, obesidade, inactividade física e tabaquismo.

En xeral, os resultados mostran diferenzas sorprendentes na carga de ictus entre as rexións do mundo e niveis de ingresos nacionais, cun máximo de dez veces o número de mortes por accidente cerebrovascular e a enfermidade en xeral e a discapacidade entre os países PBMI máis afectados en Europa do Leste, África subsahariana e Asia meridional e oriental en comparación cos HIC menos afectados en Europa occidental, Australia e América do Norte.

Segundo o profesor Feigin, “a carga do ictus en todo o mundo está crecendo moi rápido e agora hai unha necesidade urxente de deseñar estratexias de prevención, xestión e rehabilitación do accidente cerebrovascular culturalmente aceptables e asequibles para ser desenvolverse e implemetarse en todo o mundo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s