A risa fortalece o sistema inmune e reduce a ansiedade e o estrés

risada

Confire maior resistencia fronte ao ictus, a diabetes, a hipertensión arterial e o cancro.

Noticia extraída de Somos Pacientes.

A risa pode ser un moi bo recurso para mellorar a calidade de vida de moitos pacientes. Non en balde, e como demostraron distintos estudos, a risa libera unha gran cantidade de endorfinas -as denominadas “hormonas da felicidade”-, o que conleva un fortalecemento do sistema inmunolóxico e, polo tanto, confire ao organismo unha maior protección fronte ás infeccións e unha maior resistencia contra distintas enfermidades crónico-dexenerativas, caso das enfermidades cardiovasculares, a diabetes, a hipertensión arterial e mesmo o cancro.

É máis; como recorda Luis González Imbert, responsable da Área de Atención e Servizo aos Voluntarios na organización Risaterapia AC, “os estudos mostran que a risa é unha práctica que non só fortalece o sistema inmunolóxico, senón que tamén axuda a reducir os niveis de tensión e ansiedade. Por iso é un elemento esencial para acelerar a recuperación dos pacientes, minorar a dor xerada por diferentes procesos internos asociados a distintas doenzas e axudar a liberar a ansiedade producida polo estrés”.

Aínda simuladas son beneficiosas

O estrés é responsable da perda polos adultos da capacidade de atopar o lado positivo e divertido da vida. Tal é así que os adultos só rin entre 15 e 100 veces cada día, cifras certamente inferiores ás dos nenos -en torno a 300 risas diarias-.

E neste contexto, entre outros beneficios, “a risa diminúe a hipertensión ao aumentar o rego sanguíneo, conta con capacidade para aliviar o estreñimento e incrementa a concentración de coláxeno, unha proteína contida na pel que se deteriora co paso da idade ao perder elasticidade, tersura e firmeza, e ademais retarda o envellecemento”, incide González Imbert.

Por iso, o experto de Risaterapia AC anima á poboación a rir, sen importar que as risas sexan naturais ou ensaiadas pois “ambas teñen case os mesmos beneficios para o organismo. E en ambos casos axúdase a relaxar os músculos en tensión e a queimar calorías, xa que ao rir mobilízanse uns 400 músculos do corpo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s