A delegada da Xunta na Coruña visitou onte ADACECO

Á dereita, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto con usuarios e persoal técnico de Adaceco.

Á dereita, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto con usuarios e persoal técnico de Adaceco.

Belén do Campo mantivo hoxe unha reunión con representantes da entidade para coñecer de primeira man as súas necesidades e trasladarlle o apoio do Goberno galego.

A Xunta de Galicia colabora co mantemento das actividades que desenvolve a organización cunha achega de preto de 60.000 euros.

Crónica extraída da páxina web da Xunta de Galicia.

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou onte o centro que a Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco) ten na cidade e no que presta atención aos seus usuarios. Desta forma, puido coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a organización e as súas necesidades.

Acompañada pola presidenta da entidade, Carmen Fernández Quiroga, e a directora das instalacións, Inés Ramos, Do Campo aproveitou a visita para expresar o apoio do Goberno galego ó labor da organización para incrementar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares a través dunha atención multidisciplinar.

Na actualidade, a asociación recibe de parte do Executivo autonómico, a través da Consellería de Traballo e Benestar, unha subvención de 50.886 euros para a contratación de tres persoas que están a favorecer o correcto desenvolvemento da súa actividade. Na mesma liña, a Consellería de Sanidade acaba de concederlle outra axuda de 8.547 euros para complementar as labores do programa de rehabilitación fisioterapéutica.

Neste senso, os responsables de Adaceco tamén lle trasladaron á máxima representante da Xunta na provincia os proxectos de futuro e solicitáronlle o respaldo do departamento autonómico para seguir promovendo accións encamiñadas a mellorar a situación dos afectados polo dano cerebral adquirido e dos seus familiares na cidade da Coruña e a súa área de influencia.

A organización foi creada hai 13 anos e ten a día de hoxe preto de 150 usuarios e 350 socios. Conta con diversos servizos distribuídos en tres áreas: a social, a asistencial e a técnica. Así, desde a entidade ofrécese información, orientación e asesoramento sobre os recursos ao alcance dos usuarios, apoio psicosocial e actividades de ocio e tempo libre, á vez que tamén se prestan terapias específicas de rehabilitación e complementarias. Os servizos compleméntanse cun centro de día para os usuarios, transporte adaptado e con tarefas de formación para os profesionais, así como campañas de divulgación sobre o dano cerebral adquirido.

A visita de onte enmárcase na rolda de contactos que Do Campo desenvolve de forma periódica coas entidades que desenvolven o seu labor social na provincia, dando así resposta ao seu compromiso de estreitar a colaboración do Goberno galego con este tipo de organizacións para mellorar o benestar dos cidadáns. Na mesma liña, a delegada expresou a súa disposición a traballar para favorecer a cooperación de outras institucións e a implicación tamén das administracións locais con estas tarefas asistenciais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s