A ONU calcula que o cancro aumentará a 22 millóns de casos anuais en 20 anos

cancro

En 2012 diagnosticáronse 14 millóns de novos casos de cancro, informa a Axencia Internacional para a Investigación desta enfermidade, pertencente á OMS, con motivo do Día Mundial contra esta patoloxía. Os tumores cerebrais son unha importante causa do dano cerebral adquirido.

Información extraída de EFE Salud.

Os casos de cancro están en aumento e estímase que, en dúas décadas, serán diagnosticados 22 millóns ao ano en todo o mundo, polo que son necesarias medidas de prevención, advirte nun informe a Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC).

Esta axencia especializada da Organización Mundial da Saúde (OMS) presentou na Royal Society de Londres o seu documento 2014 sobre a incidencia desta enfermidade en todo o mundo, a véspera do Día Mundial contra o Cancro.

O texto -elaborado por Bernard Stewart e Christopher Wild, da IARC, en colaboración con máis de 250 científicos de 40 países- alerta de que os casos están aumentando a un ritmo alarmante, polo que fai fincapé na prevención e os tratamentos.

O documento serve para axudar aos políticos en todo o mundo a tomar medidas adecuadas para controlar o cancro, polo que “o traballo desta axencia é máis importante que nunca”, subliña Wild.

A incidencia do cancro dispararase en 20 anos

Segundo as proxeccións deste médico, un de cada cinco homes e unha de cada seis mulleres desenvolverá algún tipo de cancro antes dos 75 anos de idade, mentres que un de cada oito homes e unha de cada 12 mulleres morrerá pola enfermidade.

En 2012, diagnosticáronse 14 millóns de novos casos de cancro, sobre todo de pulmón, mama e colon, pero esta cifra pode subir aos 22 millóns ao ano dentro de vinte anos.

Nese mesmo periodo, estímase que as mortes por ese mal aumentarán dos 8,2 millóns ao ano a 13 millóns.

A nivel global, en 2012, o cancro máis diagnosticado foi o de pulmón, con 1,8 millóns de novos casos, seguido do de peito, con 1,7 millóns, e o de colon, con 1,4 millóns.

A maior cantidade de falecementos correspondeu ao cancro de pulmón, con 1,6 millóns, seguido do de fígado, con 800.000 casos, e de estómago, con 700.000.

Diagnóstico precoz

“Necesítase desesperadamente un diagnóstico temperán”, insistiu Wild, quen destacou os problemas nos países menos desenvolvidos para contar con tratamentos preventivos.

Máis do 60% dos casos ocorren en África, Asia e América Central e do Sur, que suman cerca do 70 por cento das mortes por este mal en todo o mundo, unha situación que empeora pola falta de detección temperá e acceso aos distintos tratamentos.

Esta situación, sinala esta axencia da ONU, supón unha dura carga sanitaria para todos os países; estima en 1,16 billóns de dólares (859.000 millóns de euros) o custo económico anual desta enfermidade en todo o mundo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s