“Queremos ofrecer ao médico a mellor alternativa ante un ictus”

Alberto Figueroa, enxeñeiro biomecánico no hospital Saint Thomas de Londres.

Alberto Figueroa, enxeñeiro biomecánico no hospital Saint Thomas de Londres.

O investigador de Buño traballa en Inglaterra tras doce anos en EE.UU.

Información extraída de La Voz de Galicia.

Unha luz que ilumine a mente do cirurxián que se enfronta a un accidente cardio ou cerebrovascular. Nin máis nin menos. E quen traballa para atopala é un mozo con raíces en Buño, Alberto Figueroa (1975). Dirixe un laboratorio no hospital Saint Thomas, un dos máis importantes de Londres.

A Unión Europea financiou o seu proxecto con 1,5 millóns de euros, nun traballo que comezou no ano 2011 e durará ata o 2016. “Utilizamos a física para facer unha simulación do que pasaría, de como reaccionaría o corpo segundo o camiño que tome o doutor á hora de actuar ante un infarto ou un ictus”, describe Alberto. “Malia que tecnoloxías como o TAC xa son moi avanzadas, o médico segue indo a cegas para tratar estes problemas. A nosa investigación pretende ofrecerlle a mellor alternativa antes de intervir, para aumentar as probabilidades de éxito”, explica.

Porque malia especializarse na rama sanitaria, a formación de Figueroa comezou nun ámbito distinto. Creceu na casa familiar, situada xusto entre Leiloio e Buño, onde estudou ata o oitavo curso da antiga EXB. Continuou os seus estudos nos Xesuítas da Coruña. Pertence á segunda promoción da Escola de Enxeñería de Camiños da Coruña. “Unha escola que, partindo de cero, tivo un éxito enorme grazas á paixón e ao talento dos seus impulsores”, destaca. Ao acabar a enxeñería, obtivo unha beca da Fundación Barrié -“doutra forma tería sido imposible, porque cada ano de matrícula son 45.000 dólares”, aclara- para estudar un máster en Enxeñería Hidráulica na Universidade de Stanford, unha das máis prestixiosas do mundo. Durante os seus anos en California, Alberto empezou a entrar en contacto coa rama da biomecánica e o movemento dos fluídos corporais. Alí, en Silicon Valley, de onde xurdiron grandes corporacións como Google, Facebook ou Apple, Figueroa estivo case doce anos: “Cando se traballa en Silicon Valley, enténdese por que se fixeron cousas tan grandes. Hai un ambiente espléndido. A xente non lle ten medo ao fracaso. O 90 por cento das empresas non saen adiante, pero levántanse de novo e volven intentalo, por moitas veces que se caian”. Xente de todo o mundo busca unha oportunidade alí.

Volta a Europa

Aínda que a gusto en Estados Unidos, a morriña acabouse impoñendo. “Tiña que coller tres avións e tardaba 24 horas en chegar a casa”. Estivo enviando solicitudes de traballo a Europa, e xurdiu un posto que encaixaba co seu perfil en Londres. Fixo as maletas xunto á súa muller, americana, e cruzou de novo o charco. Iso si, non para de viaxar polo mundo. Entre outubro e decembro, entre conferencias, reunións e demais obrigacións de traballo, viaxou a Chile, Hong Kong e Múnich, e tamén volveu uns días a Stanford.

Volver a casa? “Gustaríame, pero hoxe en día non o contemplo. Pero teño a ilusión de sacar adiante un grado de Biomecánica en Galicia”, afirma.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s