Colaboración entre ADACE Lugo e a protectora de animais

Varios momentos da conferencia da veterinaria Ángela González Martinez.

Varios momentos da conferencia da veterinaria Ángela González Martínez.

Un grupo de persoas usuarias de ADACE Lugo levarán a cabo distintas actividades con cans da Protectora, dentro das instalacións do Hospital Veterinario.

Información extraída da páxina web de ADACE Lugo.

Un grupo de sete usuarios da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo (ADACE), acompañados por persoal e voluntariado da organización, desprazáronse ata as dependencias do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina para iniciar as actividades recollidas dentro do Convenio de colaboración subscrito entre ADACE Lugo, a  Asociación Canina Esmorga, a Sociedade Protectora de Animais de Lugo e o Rof Codina.

Neste primeiro encontro os usuarios e persoal de ADACE Lugo asistiron a unha charla, impartida por Ángela González Martínez -veterinaria especialista en comportamento animal-, que baixo o título ‘Comportamento canino e comunicación’ achegou aos asistentes aos distintos xestos e posturas que os cánidos emiten na súa comunicación cotiá cos seres humanos que os rodean e con outros animais.

A actividade desenvolvida foi o paso previo para achegar ao grupo de usuarios de ADACE Lugo ás actividades con cans da Protectora que, unha vez por semana, levarán a cabo en dependencias do Rof Codina, baixo a supervisión de responsables da Asociación Canina Esmorga e da Protectora, co apoio de profesionais do Hospital.

A relación entre usuarios e animais ten por obxectivo a ocupación motivante, a asunción de responsabilidades ou a socialización cos animais das persoas integrantes do grupo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s