O Clínico busca máis seguridade para o tratar o ictus

clinico

O CHUS colabora cun hospital de Girona para reducir mortes e complicacións.

Información extraída de La Voz de Galicia.

Especialistas dos hospitais Clínico de Santiago e Josep Trueta de Girona colaboran para mellorar as indicacións do tratamento trombolítico, que se aplica para o ictus, coa fin de que sexa máis seguro e reducir os riscos de morte e outras complicacións en pacientes a quen se administra. Mar Castellanos, do hospital catalán, e o compostelano José Castillo, participaron onte nunha sesión organizada polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), no Clínico, na que abordaron os avances conseguidos.

O tratamento trombolítico, se se aplica nas primeiras horas -canto antes mellor- tralo ataque de ictus, ten éxito na metade dos pacientes, que se recuperan de forma satisfactoria. Pero coa outra metade hai problemas: do 30 ao 35% evolucionan mal; e do 10 ao 15% sofren como complicacións hemorraxias debidas a alteracións do endotelio -unha barreira que impide que factores de risco ambiental como tabaco, colesterol, hipertensión arterial e outras, afecten a unha persoa; e que se se destrúe ou se alteran as súas funcións fai á persoa máis vulnerable. “Un endotelio san protexe a nosa saúde”, sinala José Castillo-, que ata agora non se podían identificar. Entre os riscos está a morte do paciente. Iso provoca que moitos especialistas teñan especial prevención á hora de aplicar ese fármaco, indica Mar Castellanos.

Ambos centros traballan para discriminar mellor os pacientes en quen está indicado. Buscan biomarcadores para coñecer a disfunción endotelial e a repercusión que esa disfunción pode ter en pacientes con enfermidade cerebrovascular.

No hospital catalán aplicaron con éxito en 126 pacientes software específico para TAC avanzado, que permite obter imaxes coas que coñecer se hai alteracións no endotelio e así poder previr ese risco de complicacións. O problema é que se tarda en realizar o estudo e o TAC emite radiación. En Santiago exploráronse 9 biomarcadores, e dous resultaron de especial interese, indica Castillo.

Un biosensor que dá resultados en poucos minutos e é barato

José Castillo explica que se traballa para conseguir que unha empresa comercialice un modelo de biosensor, ideado en Santiago, que en poucos minutos pode determinar, a partir dunha análise de sangue e a custo baixo, en que pacientes funciona mellor o tratamento trombolítico.

Rapidez e ser barato son dúas vantaxes importantes, e colaboran co Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga, que desenvolve a tecnoloxía para conseguir o biosensor. “É un avance importante, para poder detectar con moita precocidade os riscos de complicacións graves ou moi graves”, explica. Confía que poida estar dispoñible a finais deste ano.

Na sesión do IDIS participou ademais Pablo Menéndez Buján, especialista en células nai e director da Fundación Josep Carreras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s