Mañá de información sobre o ictus no Hospital Clínico

Un dos usuarios de Sarela informa a unha muller no Hospital Clínico.

Un dos usuarios de Sarela informa a unha muller no Hospital Clínico.

Información extraída da páxina web de Sarela.

Persoas usuarias de Sarela -todas con dano cerebral adquirido por causa dun ictus-, familiares e profesionais levaron onte a súa campaña de información, sensibilización e prevención do ictus ao Hospital Clínico de Santiago.

O ictus é a principal causa do dano cerebral adquirido (nun 78% dos casos), polo que a súa detección e prevención é un dos obxectivos prioritarios de Sarela.

Unha vez ao mes membros da asociación desprázanse a un centro de saúde de Santiago para facer enquisas sobre o coñecemento dos síntomas do ictus e informar sobre as maneiras de minimizar o seu risco.

Na mañá de onte, tres persoas que pasaron pola experiencia do ictus e que teñen dano cerebral estiveron no Hospital Clínico, acompañadas de profesionais de Sarela.

A campaña tivo unha ampla repercusión nos medios informativos. Hai reportaxes audiovisuais nos informativos da TVG: Telexornal Mediodía e Información Local de Santiago.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s