Once claves para coidar a saúde cerebral

Fotografía con licenza CC-BY de John A Beal extraída de Wikimedia Commons.

Fotografía con licenza CC-BY de John A. Beal extraída de Wikimedia Commons.

Como investir no noso cerebro?

Información extraída de Europa Press.

Esta semana presentouse en Estados Unidos o libro ‘Como investir no seu cerebro: unha guía SharpBrains para mellorar a súa mente e a súa vida’, cuxos autores Álvaro Fernández Ibáñez e Elkhonon Goldberg pretenden contribuír á mellora do rendemento actual e futuro do cerebro. Para iso, dannos once claves que deben terse en conta no coidado de nosa saúde cerebral.

1. Cada día créanse varios miles de neuronas no noso cerebro. O exercicio aeróbico incrementa ese número e o estrés mal regulado diminúeo.

2. Os nosos xenes non determinan o destino do noso cerebro. A neuroplasticidade ao longo da vida permite ás nosas accións e estilo de vida xogar un papel moi importante en como evoluciona fisica e funcionalmente o noso cerebro coa idade.

3. Debemos pensar máis aló da memoria e a “intelixencia”. As funcións cerebrais máis importantes para o éxito persoal e profesional, segundo unha enquisa de SharpBrains, son a capacidade para manexar situacións estresantes, o poder de concentración para evitar distraccións e ser capaces de recoñecer e manexar as nosas emocións.

4. A ampla análise patrocinada en 2010 polo National Institute of Health (NIH), revisando centenares de estudos científicos ata a data, proporciona un excelente punto de partida para entender que factores benefician a saúde cerebral. Baseada en estudos co maior rigor, a análise atopou un efecto beneficioso por parte do exercicio físico e cognitivo, seguidos pola dieta mediterránea, por riba de calquera outra intervención, incluídos os fármacos.

5. De todos os tipos de exercicio físico, o exercicio cardiovascular, que fai que o corazón latexe máis rapidamente, é o que presenta un maior beneficio cerebral.

6. O cerebro necesita moita enerxía. Malia supoñer só ao redor do 2 por cento da masa corporal, consome un 20 por cento do osíxeno do corpo e o 25 por cento da glucosa. Por iso a nutrición é importante.

7. O que importa é a dieta no seu conxunto: tomar suplementos vitamínicos non parece reducir o risco de deterioro cognitivo ou Alzheimer.

8. A única actividade de lecer que foi asociada cunha disminución da función cognitiva é ver a televisión. As actividades pasivas, rutineiras, non desafían ao cerebro. Manter o reto require intentar algo novo cun nivel significativo de dificultade.

9. A vida mesma é o mellor ximnasio para o cerebro se este se utiliza do xeito correcto. Un bo xeito de empezar é abordar todo o que implica novidade, variedade e desafío, que leva fóra da rutina. Un exemplo, a educación bilingüe. Tamén o son o facer voluntariado ou a ocupación laboral en si mesma, que pode axudar a reducir taxas de mortalidade, depresión e o deterioro cognitivo.

10. O adestramento mental con maiores garantías, baseadas na investigación actual, consiste na meditación, a terapia cognitiva, a biorretroalimentación e o adestramento cognitivo. Estas técnicas estructuradas para formar diferentes “músculos mentais” inclúen ferramentas de software especializadas que se están poñendo en marcha na contorna ‘online’.

11. Do mesmo xeito que non todos temos as mesmas necesidades ou prioridades á hora de investir os nosos aforros, non todos temos as mesmas prioridades á hora de investir nos nosos cerebros. As oportunidades de mellora máis significativas dependen do noso estilo de vida e rendemento mental a día de hoxe. Por iso, ‘Como investir no seu cerebro’ presenta unha metodoloxía para pasar da teoría á práctica dun modo personalizado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s