Xornada de asistencia a vítimas de discriminación racial

asistenciaA Fundación Secretariado Gitano está a desenvolver un programa formativo dentro do proxecto de Servizo de Asistencia a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnica. Este servizo conta cunha páxina web específica na que ofrecen apoio e recursos formativos e informativos.

O proxecto compleméntase cunha serie de xornadas formativas que chegan a Galicia o día 11 de marzo. En concreto, á sede da Escola Galega de Administracións Públicas (Rúa Madrid, 2-4), en Santiago de Compostela, en horario de 09:00 a 15:00 horas.

Este obradoiro está concibido para capacitar ao persoal técnico das entidades sociais que traballa con potenciais vítimas de discriminación racial ou étnica no coñecemento do marco xurídico, contexto e servizos dispoñíbeis para asistir nos casos de discriminación.

O programa, pendente de concretar, é o seguinte:

09.00. Recepción e benvida.

09.15. Presentación das Xornadas.

09.45. Contextualización da Igualdade de Trato e da loita contra a discriminación:

  • Organizacións internacionais.
  • Conceptos xurídicos clave e normativa de referencia no ámbito da Igualdade de Trato e non discriminación racial ou étnica (María José – MPDL).

11.15. Descanso – café.

11.45. Presentación do Servizo da Rede de Centros de Asistencia a Vítimas de Discriminación por orixe racial ou étnica do Consello para a promoción da Igualdade de Trato e Non discriminación de persons por orixe racial ou étnico.

  • Contextualización do Servizo: que é, quen forma parte, ferramentas, etc.
  • Eixos do traballo: asistencia a vítimas, formación e sensibilización (Sara Gimenez – Fundación Secretariado Gitano).

12.15. Análise de casos prácticos:

  • Presentación de diversos incidentes discriminatorios.
  • Actuacións desenvolvidas polo Servizo de Asistencia a Vítimas.
  • Consellos prácticos na asistencia a vítimas de discriminación.

14:30. Conclusións.

15:00. Fin da xornada.

A ficha de inscrición pode descargarse aquí: Ficha de inscrición.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s