O CERMI examina coa Xunta a situación da discapacidade en Galicia

Imaxe de Servien extraída de Wikimedia Commons con licenza CC BY-SA 3.0.

Imaxe de Servien extraída de Wikimedia Commons con licenza CC BY-SA 3.0.

Información extraída da páxina web do CERMI.

Unha delegación de Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), integrada polo seu presidente, Luis Cayo Pérez Bueno, e o seu secretario xeral, Alberto Durán, reuniuse onte en Santiago de Compostela coa conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, para examinar a situación das políticas de inclusión da discapacidade nesa comunidade autónoma.

No encontro institucional, ao que tamén asistiron o presidente do CERMI Galicia, Anxo Queiruga, e a secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro, os representantes do CERMI Estatal coñeceron as liñas mestras da política social galega en cuestións de discapacidade.

Pola súa banda, o CERMI Estatal expuxo a axenda política do movemento social da discapacidade, tanto na dimensión nacional como na territorial, centrada na garantía dos recursos e apoios ao benestar das persoas con discapacidade e contra os recortes, a activación por medio do emprego digno e de calidade e a ampliación dos dereitos e liberdades, loitando contra calquera discriminación por motivo de discapacidade.

Os responsables do CERMI Estatal insistiron tamén na importancia de reforzar a cooperación público-social para a xestión dos dispositivos e estruturas de benestar das persoas con discapacidade e as súas familias, como medio para combater os efectos da crise económica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s