Xornada sobre igualdade e violencia de xénero na discapacidade

Imaxe extraída da páxina web do Plan de Igualdade da ONCE.

Imaxe extraída da páxina web do Plan de Igualdade da ONCE.

A ONCE organiza, o vindeiro luns, unha xornada sobre ‘Igualdade e violencia de xénero nas mulleres con discapacidade’. Dando continuidade ás actividades conmemorativas do Día da Muller Traballadora, a ONCE leva á Coruña a reflexión sobre como abordar a violencia de xénero nas mulleres con discapacidade e a información sobre o seu Observtorio de Igualdade.

A xornada vaise desenvolver desde as 10:15 do luns, 17 de marzo, no salón de actos da Delegación Territorial da ONCE en Galicia, ubicada na Coruña (Cantón Grande, 3). Está previsto que remate en torno ás dúas da tarde.

O programa é o seguinte:

10:15. Inauguración.
Dolores Venancio Vilaboy (Presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia).
Miguel Lorenzo Torres (Concelleiro de Servizos Sociais da Coruña).

10:30. Ponencia: Estratexia Estatal contra a Violencia de Xénero. Aspectos concretos para as persoas con discapacidade.
Ponente: Julio Arnaldo García Jiménez (Asesor da Delegada do Goberno para a violencia de xénero).
Presenta: Dolores Venancio Vilaboy (Presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia).

11:15. Intervención asistentes.

11:30. Observatorio de Igualdade da ONCE e da súa Fundación. Plan contra a violencia de xénero na ONCE e na súa Fundación.
Ponente: Teresa Palahí Juan (Vicepresidenta do Consello Xeral da ONCE).
Presenta: Carmen Lucía Villalobos Buján (Conselleira Territorial da ONCE en Galicia).

12:00. Pausa-café.

12:30. As Administracións perante a violencia de xénero e en particular nas mulleres con discapacidade.
Xunta: Susana López Abella (Secretaria Xeral de Igualdade).
Concello: Miguel Lorenzo Torres (Concelleiro de Servizos Sociais da Coruña).
Deputación: Zaira Rodríguez Pérez (Deputada da Comisión de Benestar Social, Política de Igualdade, Xénero e Normalización Lingüística).
Modera: Juana Mª Tubío Ordoñez (Representante da Comisión da Muller do CERMI Galicia).

13:15. Intervención asistentes.

13:45. Clausura.
Teresa Palahí Juan (Vicepresidenta do Consello Xeral da ONCE).
Susana López Abella (Secretaria Xeral de Igualdade).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s