Campaña pola educación inclusiva da infancia con discapacidade

ensino

No mundo, 93 millóns de nenos, nenas, mozos e mozas teñen algún tipo de discapacidade, unha das causas de maior marxinación e exclusión na educación.

Información extraída da páxina web da Plataforma de Voluntariado.

A Campaña Mundial pola Educación, baixo o lema ‘Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva’, reivindica en todo o mundo o dereito de nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, tal e como queda reflectido na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Ademais, pon de manifesto o valor que a educación inclusiva aporta a toda a sociedade no seu conxunto, xa que reduce os niveis de pobreza e favorece o desenvolvemento.

No mundo, 93 millóns de nenos e nenas teñen algún tipo de discapacidade, o que supón menos posibilidades de finalizar os seus estudos e unha das causas das maiores causas de marxinación e exclusión na educación. En Burkina Faso, ter unha discapacidade aumenta en dúas veces e media o risco de que nenos e nenas non vaian ao colexio e en Nepal, o 85% dos nenos e nenas non escolarizados teñen algún tipo de discapacidade. En demasiadas ocasións, a poboación infantil con necesidades educativas especiais é a gran esquecida á hora de reclamar o dereito á educación. Forman o colectivo máis marxinado e excluído da educación. Esta desigualdade acentúase en países de renda media e baixa. Recoñécese, ademais, que as mulleres e nenas con discapacidade experimentan múltiples desvantaxes, sendo obxecto dunha dobre exclusión.

Os sistemas inclusivos de calidade, baseados nun enfoque de dereitos, non poden seguir sendo un asunto marxinal nas políticas educativas, senón que deben ser centrais para a consecución dunha educación de calidade para todas as persoas. Por iso, a Campaña Mundial pola Educación lanza as seguintes reivindicacións políticas a nivel internacional:

  • Crear marcos legais para eliminar barreiras lexislativas que impiden ás persoas con discapacidade acceder a sistemas educativos como ratificar a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
  • Construír aulas e escolas accesibles para todos e todas e asegurar a existencia de suficientes docentes con formación apropiada.
  • A comunidade internacional debe levar a cabo o seu compromiso de investir polo menos un 0,7% do PIB en cooperación e realinear a Axuda Oficial ao Desenvolvemento para comprometer polo menos un 8% dela a educación básica.

As reivindicacións ao Goberno español van na liña de recordar a importancia de apostar pola Axuda Oficial ao Desenvolvemento como instrumento chave na loita contra a pobreza, tal e como recolle a moción recentemente aprobada por unanimidade por todos os grupos da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento do Senado. Ademais, neste sentido, debe:

  • Apostar pola cooperación e volver canto antes á senda de asignar o 0,7% da Renda Nacional bruta á Axuda oficial ao desenvolvemento destinando o 8% a educación básica.
  • Adaptar a lexislación española á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

A Campaña Mundial pola Educación terá o seu momento álxido durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), que se celebrará en diferentes cidades españolas desde o 7 ao 13 de abril e onde máis de 60.000 mozos e mozas realizarán centos de accións simbólicas para defender a educación inclusiva, coincidindo con iniciativas do mesmo tipo realizadas por nenos e nenas en máis de 100 países do mundo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s