Este venres é o Día Internacional da Síndrome de Down

down

Información extraída da páxina web de Down Galicia.

O Auditorio de Ferrol acollerá o 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, os actos do Día Internacional da Síndrome de Down e a Gala do XX aniversario da Asociación para a síndrome de Down de Ferrol “Teima”.  Nesta edición entregaranse os primeiros I Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

Acto institucional

Neste Día Mundial, as verdadeiras protagonistas serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal . Serán as as encargadas, ademais, de entregar os Premios Down Galicia que, nesta primeira edición recaen en María Ferreiro, a primeira xerente de Down Galicia, na categoría de persoa individual; e en Alcampo Ferrol, pola súa aposta pola inclusión laboral das persoas con discapacidade, na categoría institucional.

No acto tamén intervirán o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela,  a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero e os presidentes de “Teima”, Patricia Serantes Castro, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González.

Gala aniversario

A continuación, e para  celebrar o XX aniversario de Teima, a xornalista Belén Baños e o showman Pepe Capelán, acompañados por mozos e mozas de Teima, presentarán unha gala musical. Entre os artistas convidados destacan  Rosa Cedrón, Pulpiño Biascón, Cristina Cachaldora, Dance Fusión, Dani Rios, Débora Silva, Enrique Ramil, Shakti Danza, Tita Lijo e Xavier Lorenzo.

Exposición

O hall do Auditorio acollerá a exposición da liña de roupa e xoias deseñada por mozos e mozas de Down Vigo en colaboración co grupo de deseñadores La Boîte Is. Trátase dunha iniciativa de sensibilización na que as persoas participantes demostran o seu talento e capacidade de traballo dando forma  a unha colección cun forte sentido do estético, práctica e divertida. Ademais das prendas e das xoias, tamén se poderá coñecer como foi o proceso creativo a través dunha exhibición fotográfica.

A entrada  a este evento será gratuíta. O programa completo está aquí.

Actos en Madrid

A nivel estatal, está previsto un macro evento baixo o lema “Inclúyete” en Madrid. A cita será o mesmo día 21 ás 11:00 na Praza de Callao, na que se vai proxectar, nunha pantalla xigante, a curtametraxe El amor a los 20 años. Hai máis información na páxina web de Down España.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s