Catro de cada dez ONG teñen un 40% de mulleres directivas

Imaxe de dominio público (CC0 1.0) extraída de Pixabay.

Imaxe de dominio público (CC0 1.0) extraída de Pixabay.

Ante a proposta da Comisión Europea para impulsar a presenza de mulleres nos consellos de administración das empresas.

As ONG con índices máis altos de cumprimento da cota proposta por Bruxelas son as organizacións pequenas e moi grandes, as mellor situadas para facer fronte á crise económica, segundo o último estudo da Fundación Lealtad.

O promedio de mulleres en órganos de goberno das ONG triplica a porcentaxe de conselleiras nas empresas.

Información extraída da páxina web da Fundación Lealtad.

Con motivo do Día Internacional da Muller, a Fundación Lealtad analizou a presenza das mulleres nos órganos de goberno das ONG da Guía da Transparencia e as Boas Prácticas. Actualmente debátese na Unión Europea a iniciativa para alcanzar a paridade de sexos nos consellos de administración das empresas liderada por Viviane Reding, Comisaria de Xustiza, Dereitos Fundamentais e Cidadanía, que propuxo establecer unha cota do 40% de mulleres conselleiras.

Neste escenario, os resultados da análise de 181 ONG (asociacións e fundaciones) realizado pola Fundación Lealtad mostran os avances significativos que as entidades sociais xa alcanzaron neste ámbito:

  • O promedio de mulleres no órgano de goberno das ONG (38%) triplica a porcentaxe de mulleres nos consellos de administración das empresas.
  • 4 de cada 10 ONG analizadas supera a cota do 40% proposta por Bruxelas.
  • As ONG con índices máis altos de cumprimento da cota son as organizacións pequenas e moi grandes.
  • No 58% das ONG o posto de dirección e/ou presidecia ocúpao unha muller.

“Por cada muller que desenvolve o cargo de conselleira nunha empresa, hai tres mulleres que desenvolven unha tarefa similar na xunta directiva ou patronato dunha ONG”, sinalou Patricia de Roda, directora xeral da Fundación Lealtad. As mulleres non só contan cunha maior representación nos órganos de goberno das ONG, ademais, nunha de cada dúas organizacións analizadas pola Fundación Lealtad, o posto de director ocúpao unha muller. Os responsables das ONG enfróntanse a retos moi similares aos dos executivos empresariais como a xestión e motivación de equipos multidisciplinares, o traballo en contornas multiculturais, a captación de recursos ou a optimización de procesos para lograr unha maior eficiencia.

Con respecto ao tamaño das organizacións analizadas, o 45% das ONG que xestionan menos de 1 millón de euros e o 44% das entidades cun orzamento superior aos 25 millóns de euros cumpren a cota.

“O último estudo da Fundación Lealtad sinala que, na Guía da Transparencia, as ONG pequenas e moi grandes son as mellor situadas para facer fronte á crise económica, e son precisamente estas organizacións as que cumpren en maior medida a cota do 40% proposta por Bruxelas. Estes datos poñen de manifesto o potencial do sector das ONG como canteira de talento feminino e deberían contribuír a reducir as barreiras de entrada das mulleres nos consellos de administración das empresas”, destacou De Roda.

Para descargar o informe As ONG españolas ante a crise (2007-2013): Análise da evolución das ONG da Guía da Transparencia preme aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s