O COTSG conmemora o Día Mundial do Traballo Social

cots

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) celebra este venres, 28 de marzo, o Día Mundial do Traballo Social 2014. Aínda que a efeméride sitúase no 18 de marzo, o COTSG levou a conmemoración a este venres, ao remate da súa Asemblea Xeral.

O acto comeza ás 18:00 coa benvida da presidenta do Colexio e lectura do Manifesto do Día Mundial do Traballo Social 2014. A continuación haberá unha charla e presentación do libro Manual para Trabajadores Sociales y otros Profesionales de la Ayuda, de Ángel L. Arrecivita Amo (traballador social sanitario). Ao final celébrase o aniversario dos 25 anos de colexiación das persoas colexiadas en 1988. Para rematar, servirase un refrixerio na veciña Bodeguilla de San Lázaro.

Esta conmemoración vai ter lugar en Santiago de Compostela, no Salón de Actos do Edificio Cersia (Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), en San Lázaro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s