A Defensora pide que a LOMCE garanta a inclusión da discapacidade

Fotografía de Samory Pereira Santos con licenza CC BY-SA 2.0.

Fotografía de Samory Pereira Santos con licenza CC BY-SA 2.0.

Comunicado da Defensora del Pueblo.

A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, recomendou ao Goberno que a LOMCE preste especial atención aos principios de normalización e inclusión e de non discriminación e igualdade das persoas con discapacidade, de acordo coa Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Esta recomendación é consecuencia da petición de recurso ante o Tribunal Constitucional formulada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) contra a LOMCE.

Aínda que a Defensora del Pueblo non presentou recurso de inconstitucionalidade ante o Alto Tribunal, considera necesario formular esta recomendación para que se garanta normativa e orzamentariamente a educación inclusiva do alumnado con discapacidade no desenvolvemento e a aplicación da lei.

A Defensora recorda que o dereito á educación dos nenos con discapacidade baséase nos principios de inclusividade e non segregación, cunha escolarización normalizada e cos apoios educativos necesarios en centros ordinarios.

Así, a escolarización en centros ordinarios debería ser a norma, mentres que a escolarización forzada de alumnos con discapacidade en centros de educación especial, debería ter carácter excepcional.

A xuízo da Institución é necesario dotar aos centros ordinarios cos medios persoais e materiais necesarios para a escolarización de alumnos con necesidades educativas específicas para que a súa escolarización sexa posible en condicións de igualdade.

Ademais, é preciso facilitar aos pais ou titores dos alumnos unha participación activa, completa e directa nas decisións de escolarización que se adopten e establecer mecanismos áxiles e eficaces de reclamación e recurso no caso dos pais ou titores non estean conformes coas decisións das administracións educativas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s