Mañá celébrase o II Encontro de Voluntariado de FEGADACE

Folleto2014

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) celebra o seu II Encontro de Voluntariado. Igual que o ano pasado, o encontro vaise celebrar nas instalacións de Alento (Rúa Pedra Seixa, s/n – Navia), a Asociación de Dano Cerebral de Vigo.

Esta xornada vai reunir a persoas voluntarias das cinco asociacións de dano cerebral de Galicia. O seu obxectivo é impulsar e dinamizar o voluntariado coas persoas con dano cerebral adquirido. Comprende convivencia, formación e posta en común do traballo que se desenvolve en cada asociación de FEGADACE.

O encontro comeza de mañá coa presentación do mesmo e unha sesión de traballo de grupo para a elaboración dun decálogo de boas prácticas no voluntariado con persoas con DCA. A continuación farase unha exposición de proxectos que desenvolven as persoas voluntarias nas asociacións de dano cerebral, que dará paso ao xantar, nas mesmas instalacións de Alento. Pola tarde retómase a actividade con dous obradoiros paralelos: un de primeiros auxilios dirixido a voluntarios e voluntarias e impartido por persoal de Cruz Vermella Vigo, e outro de coordinación dirixido a técnicos e técnicas das asociacións de dano cerebral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s